spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán pon en marcha un programa de turismo social a terceira idade

Nigrán pon en marcha un programa de turismo social a terceira idade

nigran-pon-en-marcha-un-programa-de-turismo-social-a-terceira-idade

Iníciase o xoves 15 de setembro cunha viaxe á Ribeira Sacra e aos canóns do  río Sil para continuar en outubro con Lugo e en novembro coas terras do Deza. O prazo de inscrición arranca o día 1 de setembro

O Concello de Nigrán pon en marcha dende o mes de setembro e ata finais de ano un programa de turismo social destinado á terceira idade co obxectivo de dar a coñecer aos maiores outros lugares de Galicia. Este arrancará o 15 de setembro cunha viaxe á Ribeira Sacra que inclúe paseo en catamarán polos canóns do Sil e visita ao Museo do Chiculate e ao Mosteiro de Santa Cristina en Parada de Sil. O prezo desta primeira viaxe é de 16 € e inclúe autobús, seguros, guía, xantar, entrada ao museo e viaxe de 2 horas en catamarán.

Posteriormente, no mes de outubro, levarase a cabo unha segunda saída cara ao Lugo de San Froilán e xa en novembro  ás Terras do Deza para disfrutar do interior de Galicia e da súa gastronomía.

Para anotarse ou calquera outra información adicional deben dirixirse dende o 1 de setembro de 2016 á oficina de información do Concello de Nigrán ou telefónicamente no 986 365 000.

Dende o goberno local se entende que viaxar non só serve para descubrir lugares novos, senón que apórtanos moítisimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.