spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán participa por quinto ano consecutivo no "Proxecto Ríos" de ADEGA cunha...

Nigrán participa por quinto ano consecutivo no “Proxecto Ríos” de ADEGA cunha limpeza no Esteiro da Foz

vintena-voluntarios-recolle-preto-dunha-tonelada-lixo-esteiro-Foz-rio-MiñorOs voluntarios que desexen participar nesta xornada de concienciación deben inscribirse previamente e presentarse o domingo ás 11:00 horas no auditorio ao aire libre da Foz (onda o Nigranjazz)

O Concello de Nigrán súmase por quinto ano consecutivo o domingo 29 de setembro ao “Proxecto Móllate polos Ríos”, coordinado pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrará no Esteiro de A Foz, desembocadura do río Miñor. Trátase da ‘XII Limpeza Simultánea’ e terá lugar en ríos que atravesan medio cento de municipios de Galicia e sempre grazas ao labor de grupos de voluntarios, xa que se trata dunha iniciativa educativa que busca a concienciación social. Os interesados en participar deben inscribirse previamente a través do mail atencioncidada@nigran.org (indicando o nome e teléfono de contacto) ou na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (986 365000) e presentarse o domingo 29 ás 11:00 horas no auditorio ao aire libre da Foz (onde se celebra o Nigranjazz). O Concello facilitará camisetas conmemorativas á xornada, bolsas e luvas,  recomendándose levar botas de auga pese a que se realizará durante a marea baixa. A xornada alongarase durante hora e media  aproximadamente finalizando cunha pequena merenda.

O Concello facilitará todo o material preciso, recomendándose levar botas de auga. A limpeza extenderase durante hora e media aproveitando a marea baixa

O Concello de Nigrán participa nesta xornada dende o ano 2015 baixo a iniciativa do goberno local. Dende entón, grazas o labor dunha vintena de voluntarios, téñense retirado do esteiro de A Foz algo máis de dúas tonelada de lixo, principalmente botellas de vidro e material de construción e pesca, pero tamén tixolas, paraugas, cadeiras, xoguetes…

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

- Publicidade -spot_img