Inicio Baixo Miño As novas oportunidades do turismo coma xerador de emprego serán analizadas nunha...

As novas oportunidades do turismo coma xerador de emprego serán analizadas nunha xornada en Tui

As novas oportunidades do turismo coma xerador de emprego serán analizadas nunha xornada en Tui Celébrarase o venres 27 co gallo do Día Mundial do Turismo. É preciso inscrición previa

“Turismo e emprego: un futuro mellor para todos” é título da xornada que se vai celebrar o próximo venres, 27 de setembro, en Tui coa que o Concello se suma á conmemoración do Día Mundial do Turismo.  Terá lugar ao longo da mañá na Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, e pola tarde está prevista unha visita guiada.

Esta xornada foi presentada esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Emprego e Formación, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na súa intervención salientou a importancia que ten o turismo no desenvolvemento da economía local. Apuntou coma esta xornada permitirá coñecer de forma máis detallada a “importancia deste sector estratéxico para o concello de Tui, que novas ideas se poden pór en marcha para cara desenvolver o potencial da cidade”. Nese senso facía un chamamento público á participación da poboación, ao tempo que reafirmou o compromiso do goberno municipal para “seguir traballando en dous piares fundamentais e indivisibles coma son levar adiante a creación e posta en marcha de mecanismos que favorezan a empregabilidade dos veciños e veciñas de Tui, e que eses mecanismos sirvan para difundir e pór en valor os recursos que ten o Concello de Tui, neste caso no turismo”.

A concelleira de Emprego, Ana Mª Núñez, explicou que “o turismo é unha das actividades económicas que máis creceu nas últimas décadas e representa un dos piares da economía galega representando o 11,% do emprego e o 11% do PIB”. Engadiu que “Tui un lugar idóneo para a creación de emprego turístico” dada a súa historia, o seu patrimonio, o seu rural, a súa gastronomía e recursos turísticos. Tamén avanzou que no transcurso desta xornada o próximo venres será presentada a nova web municipal de turismo que foi elaborada polo alumnado do obradoiro de emprego “Percorre Tui”.

O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, indicou que “o turismo ten que ser unha fonte esencial de emprego na cidade”. Explicaba o edil que “Tui ten que apoiar todas as iniciativas que teñan que ver co desenvolvemento turístico da cidade e da Eurocidade”. Ao tempo Laureano Alonso destacou que os resultados tanto de peregrinos coma de turismo tradicional están a ser magníficos, polo que todas as iniciativas que sirvan para “defender, apoiar, dinamizar o turismo e o comercio van ser necesarias”.  

Tras o acto de inauguración previsto para ás 9.30 h celebrarase a primeira ponencia co título “O turismo como estratexia de futuro en Tui” a cargo da consultora “Valora  consultores” encargada de realizar o Plan estratéxico de Tui para os anos 2019-2022.

Ás 10.30 h o alumando do Obradoiro Percorre Tui presenta a nova páxina web de turismo de Tui.

Ás 11.30 h celebrarase unha mesa redonda titulada “Turismo e emprego: un futuro mellor” que reunirá a representantes de administracións publicas,  profesionais e entidades representativas do ámbito turístico. Na mesma abordaranse novas oportunidades para o fomento turístico pondo en valor o entorno rural como oportunidade de emprendemento. Tamén se tratarán os novos perfís profesionais que demanda o sector derivados da implantación das novas tecnoloxías.

Pór último Sandra Touza da consultora “Ponle cara al turismo” que analizara a Sustentabilidade do turismo como clave de desenvolvemento no sector.

Xa pola tarde coma peche desta xornada haberá unha visita guiada polo Tui xudeu a cargo do historiador tudense Suso Vila. A participación será de balde sen inscrición previa. Partirá ás 20,00 h da Oficina de Turismo.

A participación nesta xornada é gratuíta pero é preciso inscrición previa xa que as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse presencialmente na Oficina Municipal de Turismo na praza da Inmaculada, no correo turismo@tui.gal, ou no teléfono 677 41 84 05.

Programa xornada “Turismo e emprego: un futuro mellor para todos”

Venres, 27 de setembro, na aula da UNED, no antigo convento de San Domingos.

  • Ás 30 h Inauguración
  • Ás 10.00 h “O turismo como estratexia de futuro en Tui”
  • Ás 10.30 h Presentación da nova web de turismo realizada polo obradoiro de emprego Percorre Tui
  • Ás 11.30 h Mesa redonda “Turismo e emprego: un futuro mellor”
  • Ás 12.45 h Ponencia “Novas oportunidades turísticas para o emprego”
  • Ás 13.30 h Clausura
  • Ás 20.00 h Visita guiada ao Tui xudeu. Saída da Oficina de Turismo na praza de San Fernando.
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies