spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán ofrece o documental galego 'A viaxe de Ruth' baseado no periplo...

Nigrán ofrece o documental galego ‘A viaxe de Ruth’ baseado no periplo da fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson por Galicia

O Concello de Nigrán ofrece este venres ás 19:00 horas no Auditorio Municipal a proxección do documental galego ‘A viaxe de Ruth’, dos directores Jaime Pardo e Xosé Reigosa, que estarán presentes para un coloquio posterior cos asistentes.

A proxección, que se encadra na programación do Concello polo ‘Mes da Muller’, coincide precisamente coa presenza no Auditorio Municipal ata o 31 de marzo da exposición ‘Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson’. A fotógrafa tomou durante a súa estancia en Galicia unhas 5.500 imaxes, dunha gran calidade, o que a xuízo de moitos entendidos, non ten parangón con ningún traballo da época.

O Auditorio Municipal acolle ata o 31 de marzo a exposición fotográfica ‘Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson’

O documental, de 52 minutos e estreado en Lugo en septembro de 2018, narra as viaxes a Galicia da fotógrafa americana  Ruth  Matilda Anderson entre 1924 e 1926 por encargo da  Hispanic  Society  of  America, concretamente, na primeira delas desembarca en Vigo acompañada do seu pai, Alfred Theodore, tamén fotógrafo.  O traballo trata de rememorar esta viaxe, case 100 anos despois, facendo que un fotógrafo galego, Xosé Reigosa (co-director), percorra algúns dos máis importantes escenarios que ela retratou, tratando onde sexa posible de realizar unha toma similar e comprobando canto cambiou Galicia desde aqueles anos a hoxe. Á parte disto, entrevistan a distintas personalidades do campo da cultura que amplían o coñecemento sobre Ruth Matilda e sobre a Galicia daqueles anos. Tamén se realizan recreacións dos momentos da viaxe coa  Asociacion veciñal Liga  Santaballesa de Vilalba e a aula de Teatro do Concello de Sarria.

‘A viaxe de Ruth’ obtivo o primeiro premio ao mellor documental na Semana Internacional do Cine de Autor en Lugo no 2018, sendo este o único certame ao que, polo momento, se presentou e este é a primeira vez que se proxecta fora da provincia de Lugo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.