spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán ofrece o 29 e 30 de xullo a súa edición máis...

Nigrán ofrece o 29 e 30 de xullo a súa edición máis feminina de Nigranjazz

Nigrán ofrece o 29 e 30 de xullo a súa edición máis feminina de NigranjazzRegresan ao esteiro da Foz as jam-session posteriores ao concerto e a master-class matinal do sábado será a cargo de Eve Cornelius. Como novidade, súmase Banda/triskale como colaborador do festival, acollendo nas súas instalacións a exposición de carteis das 16 edicións

.

O Concello de Nigrán celebra o 29 e 30 de Xullo o XVI Nigranjazz no espectacular escenario ao aire libre do esteiro de A Foz coa presencia dos músicos con maior proxección internacional e na que será, ata a data, a súa edición máis feminina. Así, tres das catro formacións invitadas están lideradas por mulleres: a pianista catalá Lucía Fumero, a guitarrista e compositora letona Ella Zirina e a cantante Eve Cornelius, bandas ás que se suma o guitarrista franco-galego Wilfried Wilde (que tamén conta con mulleres no seu quintento). O cartel foi presentado esta mañá nas instalacións da cervexeira local Banda/Triskale (novo patrocinador do festival) na súa fábrica e punto de venda de Porto do Molle (Rúa do Labrego, 22, Nave 5E) instalacións que acollerán desde o luns 11 de Xullo ao 29 de Xullo a exposición de carteis das 16 edicións (de luns a xoves de 11:30 a 19:00 e os venres ata as 21:30). As tradicionais jam-sessions volverán a celebrarse no propio esteiro de A Foz tras os concertos e a master-class, da que se informará convintemente sobre a inscrición, será a cargo da cantante americana Eve Cornelius o sábado 30 ás 12:30 horas no Auditorio do Concello. O Nigranjazz conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través da Liña 2 do Plan Concellos.

.

“Aínda sufrimos os efectos da pandemia á hora de organizar o festival pero, a pesar diso e con moito esforzo, traemos a algúns dos mellores músicos internacionais, sendo a maioría delas mulleres, sinala Felipe Villar, director do festival e quen lamenta que “elas seguen sendo minoritarias na esfera do jazz”, unha circunstancia que, confía, vai cambiar nun futuro moi inmediato. Ademais, destaca que, coma sempre desde a súa orixe, se intercalan en todas as formacións os mellores músicos galegos. Pola súa pate, o alcalde de Nigrán, destacou a importancia de que o municipio figure no circuito do jazz español contando co festival máis antigo de Galicia (arrancou sendo precisamente él concelleiro de Cultura) e sendo todo un referente no noroeste peninsular.

O guitarrista franco-galego Wilfried Wilde está graduado no Conservatorio Superior do País Vasco, MUSIKENE, e será o encargado de abrir o festival o venres 29 ás 21:00 horas co seu quinteto. Esta será unha despedida de Wilfried de Galicia, xa que se mudará a Suiza tras ser seleccionado para o programa educativo Focusyear, proxecto anual adicado a acadar a excelencia musical mediante a tutorización dos mellores maestros internacionais. A continuación será o turno ás 22:30 da pianista catalá Lucía Fumero co seu trío, Fumero foi galardoada co 1er Premio de Juventudes Musicales de España en Jazz 2020 e é a flamante gañadora do Premio Artista emergente 2021 pola Plataforma Jazz España.

.

A segunda xornada, sábado 30, abrirá ás 21:00 horas coa guitarrista e compositora letona Ella Zirinae, graduada recentemente en Amsterdam cos máis altos honores e actualmente traballando con BIMHUIS en Amsterdam para o proxecto “Young Starters”, así como co JazzFest Amsterdam para o proxecto “Young Makers” . Pola súa banda, a cantante americana Eve Cornelius porá o broche de ouro ás 22:30 horas cunha voz que recorda totalmente ás grandes divas do jazz, soul e el r’n’b. Cornelius gañou o premio BET Jazz Discovery e desde entón traballou con figuras da talla de Ramsey Lewis, Chucho Valdés, Mulgrew Miller, Norman Connors, Roy Hargrove…

o-festival-nigranjazz-elexido-finalista-por-terceiro-ano-consecutivo-dos-premios-martin-codax-da-musica

 

BREVE HISTORIA DO FESTIVAL

O Nigranjazz cumpre 16 anos sendo o festival máis lonxevo organizado dende o Concello de Nigrán e o único adicado ao jazz de toda a comarca do Val Miñor. Actualmente está considerado entre músicos, afeccionados e prensa especializada como un dos mellores do noroeste peninsular debido á calidade dos artistas que nel participan. A diferenza doutros festivais, aposta por un jazz puro, lonxano das vangardas. Sempre con entrada gratuíta, celébrase no espazo clasificado na Rede Natura do esteiro de A Foz, na Ramallosa, dende que en 2007 o impulsasen veciños de Nigrán entusiastas desta música, manténdose activos na organización co músico Felipe Villar á cabeza. Dende entón, conseguiuse achegar a Nigrán a algúns dos mellores artistas a nivel internacional, por el desfilaron, entre outros, Peter Bernstein, Gilad Hekselman, Bill McHenry, Jorge Rossy, Marteen Hogenhuis, Joe Martin, Chris Cheek,Kurt Rosenwinkel… Pero non hai que esquecer que o festival é tamén un espazo para os cada vez máis e mellores músicos de jazz galegos, así, é xa tradición que se integren nas formacións internacionais músicos locais, compoñendo agrupacións en exclusiva para o evento e dando a oportunidade aos músicos de aquí de presentar os seus traballos.

- Publicidade -spot_img