Este ano, o Concello de Nigrán e o Club deportivo Tumetapersonal, organizadores da proba, renderon unha especial homenaxe a Pepe Costas, falecido o pasado ano, que foi o presentador da proba en varias edicións.
O alcalde de Nigrán, Juan González, descubriu unha placa no seu recordo nas instalacións deportivas de Dunas de Gaifar, e entregouse unha distinción aos seus familiares durante a cerimonia de entrega de premios.
No devandito acto, participaron ademais o Deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez Díaz; Alberto Rodríguez, sobriño de Pepe Costas e familiares; Erick García, responsable de exportación de Adegas Valmiñor; Beatriz Alvariño, en representación da organización, e amigos e compañeiros.
XII Edición Costa Serena
Nesta edición participaron 450 nadadores de 9 Comunidades autónomas, Portugal, Inglaterra, Brasil e Estados Unidos participaron hoxe na competición celebrada en Praia América (Nigrán).
Un total de 450 nadadores participaron na XII Travesía a nado Costa SerenaGran Premio Concello de Nigrán, que reuniu a nadadores de máis de 50 clubes de natación de 9 Comunidades autónomas, ademáis de nadadores de Portugal, Inglaterra, Brasil y Estados Unidos, con idades entre os 4 e 72 anos.
Nesta edición, rexistrouse un récord de de participación de mulleres, con 150, o 34% do total, e de nenos, con preto de 50 nenos que participaron nos percorridos infantis de 50 e 150 metros.





