spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán mantén a súa aposta polos festivais de música máis senéiros

Nigrán mantén a súa aposta polos festivais de música máis senéiros

o-festival-nigranjazz-elexido-finalista-por-terceiro-ano-consecutivo-dos-premios-martin-codax-da-musicaO Concello de Nigrán programa para este mes de xullo preto dun cento de actividades de ocio, cultura e deporte para tódalas idades e entre as que destacan a aposta pola continuidade dos festivais de música iniciados o ano pasado xunto ao xa consolidado Nigranjazz e Rilla na Rúa.

O festival  ‘Solpor’ de Monteferro será o que verdadeiramente dé a entrada ao verán en Nigrán este venres e sábado á tardiña. O evento, ao que asistiron no seu debut  o ano pasado máis de 2.000 persoas, aúna a espectacular posta de sol nun miradoiro natural coa música en directo dos mellores grupos da comarca, filosofía coa que naceu e que se mantén.  Neste enclave único terá lugar dende ás 20.00 horas, e de xeito gratuíto, os concertos de Nadie es Perfecto e Blackstereo o venres 6 de xullo e de Daniela Dicosta, The Hendersons e Phantom Club o sábado 7.

A continuación, durante tódolos fins de semana irán sucedéndose os festivais. O concerto de Patricia Moon o venres 13 na Ramallosa dará paso ao día seguinte, sábado 14, á Midnight Paint Party en Praia América, un evento que une durante todo o día música electrónica con choiva de pintura, espectáculo pirotécnico, efectos visuais e animación. Tras unha exitosa edición o ano pasado con máis de 3.000 asistentes, a festa orixinaria de Ibiza repite en Nigrán coa música de  DJ’ s nacionais e internacionais de primeiro nivel e 2.000 litros de pintura para crear no ceo de  Praia América un completo arco  iris. “É unha gran festa que o ano pasado amosou un gran tirón entre a mocidade e que significa divertirse nun ambiente saudable durante o día, polo que desexamos consolidala”, resume González.

Unha das novidades deste ano será o adianto do picnic-pop festival ‘Vive Nigrán’  ao 20 e 21 de xullo (o ano pasado debutou en Praia América-Lourido o 26 e 27 de agosto). O obxectivo deste cambio é acadar un maior impacto entre os residentes no municipio e os visitantes, xa que nesta quincena de xullo é cando maior poboación se concentra na localidade. Entre a súa ampla programación de concertos e actividades paralelas destacan as actuacións de  Sidonie,  Nathy  Peluso,  Depedro, Mueveloreina,  Bigott,  The  Limboos ou Esteban & Manuel.

E si un evento é xa unha referencia de calidade e aceptación en Nigrán é o Festival NigránJazz, que celebrará a súa duodécima edición o 27 e 28 de xullo no esteiro de A Foz coincidindo un ano máis coa instalación de Food Trucks no paseo de A Ramallosa,  poñendo ambos eventos o mellor broche final ao mes de xullo. Anteriormente, o día 25, actuará tamén na Ramallosa o coro mixto Gli Appassionati, composto por preto de 40 voces que abordan un variado repertorio de música clásica, folclore e música tradicional, e pop.

Sen embargo, a programación do Concello de Nigrán non se limita a festivais de música. Como anos anteriores, o Instituto de Estudos Miñoranos súmase co II Certame de Campás e Campaneiros o martes 17 na igrexa de Santiago de Parada, onde os asistentes aprenderán a descifrar o significado das diferentes badaladas, ou, tamén como novidade, celebrarase o evento da corrente artística  ‘Arte no Queimado’ o domingo 15 na Ramallosa. Obras de teatro, concertos de habaneras, sardiñadas ou festas patronais completan o calendario.

Na competición deportiva destaca a travesía a nado Costa Serena este domingo, o rugbi na praia o sábado 28, o campionato galego de balonman o 21 e 22 en Praia América… Coma nos anos anteriores, as praias de Patos e Praia América acollerán de luns a venres actividades deportivas como zumba, latino ou cros-fit, moi demandadas entre a veciñanza.

Por outra banda, os máis pequenos terán tódolos venres e sábados na Praia de Patos e Praia América, respectivamente, actividades de ‘Xoga na praia’; a maiores, teñen a posibilidade de asistir aos campus semanais que o Concello organiza cos diferentes clubes do municipio.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.