Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán incluirá un hospital de campaña para a Noite de San Xoan...

Nigrán incluirá un hospital de campaña para a Noite de San Xoan ante a previsión de récord de asistentes

nigran-incluira-un-hospital-de-campana-para-a-noite-de-san-xoan-ante-a-prevision-de-record-de-asistentesO Concello de Nigrán incluirá por vez primeira un hospital de campaña para San Xoan como parte dun dispositivo de seguridade e sanitario máis amplo do usual ante a previsión dunha afluencia masiva a Panxón e Praia América ao coincidir na noite do sábado para o domingo.

Así se acordou esta mañá na Xunta Especial de Seguridade celebrada no consistorio e que contou coa presenza do alcalde de Nigrán, representantes da Guardia Civil, Policía Local, Policía Autonómica, Protección Civil e Comisión de Festas.

Este hospital contará con 8 postos completos de atención sanitaria supervisados por un médico, 2 enfermeros e 4 Técnicos de Emerxencia Sanitaria; e, como novidade, tamén se instalará unha carpa para a atención de posibles casos de violencia de xénero. O dispositivo sanitario o completarán dúas ambulancias UVI-Móvil e outra asistencial.

O persoal ao completo da Policía Local de Nigrán, 45 efectivos da Guardia Civil, 25 de Protección Civil e 4 da Policía Autonómica formarán o operativo de seguridade. O complexo dunar volverá a ser blindado e iluminado

Paralelamente, o Concello pechou un dispositivo de seguridade tamén máis numeroso do habitual participando nel a totalidade do persoal da Policía Local de Nigrán (composto por 30 efectivos e máis reforzos doutros concellos), 45 efectivos da Guardia Civil (dez máis que o ano pasado), 4 da Policía Autonómica (encargada, sobre todo, da posible venda de alcol a menores) e 25 de Protección Civil. Ademais, axentes da Agrupación de Tráfico realizarán controis aos condutores e o Seprona atenderá a calquera posible dano ambiental, especialmente nas dunas.

Coma o ano anterior, o Concello de Nigrán blindará as dunas de Panxón con 700 metros lineais de valo de dous metros de altura para evitar calquera dano, polo que os asistentes só contarán cunha zona de paso á praia (o resto elimínanse para incluílas dentro do cercado). Unha vez máis, dotaranse dunha iluminación extra para que a vixilancia por parte do Seprona sexa o máis efectiva posible. “Non se pode arroxar pola borda o traballo realizado para a rexeneración dunar, temos que ser precavidos”, insiste Juan González.

Ao mesmo tempo, desde o Concello dispúxose todo para que a mañá do domingo a praia se atope en perfectas condicións. O persoal ao completo de Cepsa-Ferrovial e  os operarios municipais de Vías e Obras conformarán o dispositivo de limpeza, empezando as tarefas tras o desaloxo da praia ás 6:30 horas. Como outros anos, comezarán os traballos desde a punta de Panxón.

Taxistas de Baiona e Nigrán repiten o acordo para poder recoller pasaxeiros en ambos municipios os días 23 e 24 de xuño

Paralelamente, e por segundo ano consecutivo, os taxistas de Baiona e Nigrán acordaron poder recoller pasaxeiros en ambos municipios os días 23 e 24 de xuño, pacto que xa foi autorizado dende os respectivos concellos e trasladado á Consellería de Emprego, Comercio e Industria para a súa autorización. Pola súa banda, a concesionaria de autobuses ATSA disporá de liñas especiais dende as 6:00 horas.

O Concello de Nigrán recibiu a solicitude para realizar 25 fogueiras na noite de San Xoan en todo o municipio, ben por parte de particulares ou asociacións. “Agardamos que sexa de verdade unha noite de convivencia na que prime o civismo e a responsabilidade”.

Foto Youtube:Unidad hospital campaña para situacións de emerxencia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies