spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona organiza unha nova Campaña Escolar de Fomento de Deportes Náuticos “Semana...

Baiona organiza unha nova Campaña Escolar de Fomento de Deportes Náuticos “Semana Azul 2018” na Ladeira

baiona-organiza-unha-nova-campana-escolar-de-fomento-de-deportes-nauticos-semana-azul-2018-na-ladeiraA Concellería de Deportes e de Actividades Marítimas de Baiona presentou esta mañá a súa tradicional Semana Azul de fomento dos deportes náuticos entre os escolares na Ladeira.

Os próximos días 25, 26, 27 e 28 de xuño, as Concellerías de Deportes e Actividades Marítimas de Baiona organizan unha nova Campaña Escolar de Fomento de Deportes Náuticos “Semana Azul 2018”, nas instalacións de WetSport Ladeira e na propia praia como centro neurálxico do devandito programa.

Ao longo dos catro días, en xornada de mañá e tarde, os participantes poderán coñecer e desenvolverse en deportes náuticos como a vela lixeira, pádel surf, windsurf, piragüismo e como novidade este ano remo (traiñeiras).

A idea é realizar xornadas continuas onde os participantes pasarán desde as 11:00 ata as 17:30 horas realizando deportes náuticos facendo unha breve parada ao medio día para tomar un bocadillo e repoñer forzas.

O día 25 de xuño participarán escolares de 10 a 12 anos, o día 26 escolares de 13 a 14 anos, o día 27 de xuño escolares de 15 a 17 anos e o día 28 maiores de 18 anos e persoas con mobilidade reducida.

A Campaña Escolar de Fomento de Deportes Náuticos é totalmente gratuíta, xa que o Concello de Baiona subvenciona a totalidade dos cursos, así como as licenzas federativas para os escolares participantes.

A campaña conta coa colaboración de entidades como o Monte Real Club de Yates de Baiona, Club Piragüismo Baiona, WestSport Ladeira, Club de Remo Vilaxoán, Waire e Cocacola.

Esta campaña nace coa intención de fomentar e achegar o mar como espazo de lecer e deporte aos máis novos e tentar desenvolver un hábito deportivo entre a poboación ofrecendo a posibilidade de coñecer e dominar un espazo que polas características xeográficas e culturais de Baiona é de vital importancia no municipio.

Coa posta en marcha da Semana Azul do 2018, tamén se abre o período de inscricións para todos aqueles interesados en realizar algún curso de iniciación das actividades deportivas náuticas que para o presente período de verán ten previsto desenvolver o Concello de Baiona, que son vela lixeira, windsurf, piragüismo e paddel surf.

- Publicidade -spot_img