spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán financiará desde o vindeiro curso 2023/24 a creación de 'Banco de...

Nigrán financiará desde o vindeiro curso 2023/24 a creación de ‘Banco de Libros’ para alumnado da ESO e Bacharelato

Nigrán financiará desde o vindeiro curso 2023/24 a creación de 'Banco de Libros' para alumnado da ESO e BacharelatoConsignou no pleno de hoxe un total de 60.000 € para o IES Val Miñor, IES Proval e CEIP Arquitecto Palacios, os tres centros do municipio con estas etapas educativas

Cousas de revista nº16

O Concello de Nigrán financiará desde o vindeiro curso 2023/24 a creación de cadanseu ‘Banco de Libros’ para os colexios públicos do municipio con ESO ou Bacharelato. Con este fin, o goberno local aprobou en solitario no pleno ordinario desta mañá a consignación de 60.000 € para distribuír entre o IES Val Miñor, IES Proval e CEIP Arquitecto Palacios, a razón de 20.000 € por centro (se finalmente levan adiante esta iniciativa).

“A idea parte dunha proposta da Anpa do IES Val Miñor porque no vindeiro curso as editoriais actualizarán os libros e nos parece a mellor fórmula e a máis sostible para colaborar con todas as familias e apoiar a educación pública, por iso a quixemos estender aos outros centros”, explica o alcalde, Juan González. A cantidade consignada polo Concello parte do estudo elaborado para propia Anpa do IES Val Miñor, que estimaba necesarios engadir 20.000 € aos 12.000 € que eles achegarían para poder poñelo en marcha, a partir de aí o banco de libros podería autofinanciarse os sucesivos anos sen maior problema. A medida beneficiaría aos aproximadamente 600 alumnos que compoñen estes centros.

“Estes cartos son os que nos fan falla para poder asumir a compra dos libros para a totalidade de alumnado no vindeiro curso. Os pais pagarán unha cantidade mínima polo empréstito de cada exemplar e unha fianza que se lle devolverá a fin de curso sempre que os entreguen en bo estado, de xeito que cando dentro de 5 anos as editorias os renoven e haxa que mercar  outra vez dispoñamos de cartos suficientes para poder autofinanciarnos”, explican desde a Anpa do centro, onde empregarán incluso unha aplicación informática específica deseñada para optimizar a xestión do ‘Banco de Libros’. “Non é unha tarefa sinxela, leva moitas horas, pero estamos dispostos a elo porque nos beneficiaremos todas as familias”, explican.

Estas axudas outorgadas polo Concello de Nigrán serán compatibles con calquera que convoque outra administración para a compra de material.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.