spot_img
InicioVal MiñorBaionaVolven os roteiros naturais por Baiona

Volven os roteiros naturais por Baiona

Volven os roteiros naturais por BaionaEste ano como novidade ofértase un roteiro en bicicleta de montaña eléctrica polo seus montes e repite o Safari Etolóxico de Garranos

Cousas de revista nº16

Volven os roteiros naturais por Baiona.  A Concellería de Turismo de Baiona da continuidade a aposta polos roteiros de sendeirismo e o safari etolóxico de garranos, que tanto éxito tiveron o ano pasado, e engade un novo roteiro en bicicleta de montaña eléctrica.

O primeiro roteiro do safari etolóxico de garranos será este sábado, 1 de abril, e xa  está aberto o prazo de inscrición  e será exclusivamente por correo electrónico e por orde de entrada, xa que as prazas son limitadas (oficinadeturismo@baiona.gal)

O 7 de abril (venres santo) realizaranse os roteiros en e-bike (unha de mañá e outra de tarde). Tamén está aberto o prazo de inscrición para esta actividade e poderase realizar a inscición  a través do correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal e por teléfono en 986 68 70 67.

O calendario de actividades, co prazo de inscrición de cada unha delas completase do seguiente xeito:

Ofertarase outro safari etolóxico de garranos o domingo 16 de abril para o cal o prazo de inscrición abriráse o 10 de abril  e será exclusivamente por correo electrónico e por orde de entrada, xa que as prazas son limitadas (oficinadeturismo@baiona.gal).

Baiona organiza un Safari Etológico busca dos cabalos salvaxes do Alto da Groba

En canto os roteiros de senderismo, o sábado 15 de abril poderase disfrutar da camiñata Chan da Lagoa-Baíña de 10,5Km. Apertura de prazo de inscrición o vindeiro luns, 3 de abril,  a través do correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal e por teléfono en 986 68 70 67.  O outro roteiro será o 7 de maio e denonmínase “Os garranos da Groba” de 11,5Km.  Apertura de prazo de inscrición o 24 de abril  a través do correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal e por teléfono en 986 68 70 67.

A Concellería de Turismo de Baiona afianza a súa aposta polo turismo sostible. Neste sentido, desde  o departamento municipal foise un paso máis, cara a un novo modelo de turismo sostible potenciando a sustentabilidade de destino Baiona.  Ser trata  dunha adaptación da planificación turística ao novo contexto do turismo, sumando a todos os actores implicados no ecosistema local co obxectivo de desenvolver e transferir coñecementos e boas prácticas do novo modelo de turismo sostible que desde o Concello están a aplicarse.

Desde a Concellería apóianse accións que axudan á creación de novas fórmulas de diversificación da oferta turística atractiva para os visitantes á vez que se favorece a sustentabilidade do medio ambiente. Así o testemuñan, as exitosas novidades postas en marcha por primeira vez o ano pasado  do pasado polo departamento: Os roteiros guiados gratuítos “Safari Etológico de Garranos”, unha proposta levada a cabo en colaboración con Finca  Moreiras; e  a proposta dos roteiros de sendeirismo “Baiona Natural”, en colaboración coa  empresa local Baiventura. A estas hai que sumar a incorporación este ano dos roteiros en bicicleta eléctrica  de montaña “e-bike” pola contorna natural da Villa, tamén levadas a cabo por Baiventura.

O Alcalde de Baiona e Concelleiro de Turismo refírese á aposta da administración local pola diversificación e calidade do destino turístico Baiona xa que “é fundamental que o turismo sexa máis sostible e respectuoso coa natureza e avogou por “un novo modelo que  aposta firmemente pola desestacionalización, con fórmulas de diversificación de ofertas atractivas para os visitantes que xere unha maior oferta ao longo de todo o ano e, especialmente, que  poña en valor o inmenso patrimonio natural das nosas parroquias”.

 

- Publicidade -spot_img