spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán festexa o Día do Libro no CEIP de Vilariño coa plantación...

Nigrán festexa o Día do Libro no CEIP de Vilariño coa plantación do souto ‘Carlos Casares’ e a inauguración do mural de Lula Goce

nigran-festexa-o-dia-do-libro-no-ceip-de-vilarino-coa-plantacion-do-souto-carlos-casares-e-a-inauguracion-do-mural-de-lula-goceO Concello de Nigrán festexou o Día Internacional do Libro no CEIP Carlos Casares de Vilariño coa presentación do gran mural pintado na súa fachada pola recoñecida artista baionesa Lula Goce e a plantación de 40 castiñeiros nun terreo municipal anexo bautizado como ‘Souto Carlos Casares’ e formará parte xa do centro. Aos actos acudiu o alcalde de Nigrán, Juan González, e os dous fillos de Carlos Casares, Hakan e Christian, que ademais foron alumnos do centro.

O Concello de Nigrán contratou a Lula Goce a petición do colexio para o seu proxecto escolar anual ‘Artistas do Val Miñor’. O CEIP homenaxea con esta gran pintura á obra infantil de quen foi o seu veciño, Carlos Casares, xa que o mural se basea en ilustracións que representan aos personaxes  de  “A galiña azul”, “As laranxas”, “O Can Rin e o Lobo Crispin”, “Toribio” e “Lolo”, sen faltar un chisco das afeccións persoais do escritor (como a fotografía ou os trens) ou a súa faceta de tradutor de obras como ‘O Principiño’. A artista baionesa Lula Goce enlaza todo elo a través da imaxinación dun neno que le, plasmado co impresionante hiperrealismo e delicadeza que caracterizan os seus murais (como sucede nun dos seus traballos máis aclamados, ubicado na curva de San Gregorio, en Vigo).

Os fillos de Carlos Casares asistiron ao acto de presentación do gran mural pintado na fachada do centro escolar en homenaxe á literatura do célebre escritor de Vilariño

O CEIP Carlos Casares, a través do seu proxecto escolar ‘Artistas do Val Miñor’, continúa deste xeito difundindo o talento e obra de artistas da comarca (anteriormente, en diferentes proxectos, contaron coa colaboración de Irene Silva, Tokio, Antón Román, Ani Pérez , Ignacio Hernández, etc…).

“Estamos seguros de que o noso pai estaría encantado con este gran mural, primeiramente porque é no colexio de Vilariño, lugar onde el decidiu vivir, e logo porque está adicado aos nenos e ao fomento da lectura. Se ademais ledes tódolos días un pouco, seguro que o meu pai se sentiría moi orgulloso”, díxolle Hakan aos nenos.

O Concello de Nigrán contratou  á artista Lula Goce e proporcionou 40 castiñeiros que foron plantados nunha parcela municipal anexa ao colexio bautizada xa como ‘Souto Carlos Casares’

Posteriormente, os fillos de Casares, Lula Goce, e o alcalde de Nigrán  acudiron cos nenos á plantación do souto ‘Carlos Casares’ e bautizaron as súas propias árbores, para o cal o Concello mercou 40 castiñeiros e cedeu o terreo anexo ao colexio, onde anteriormente había eucaliptos e acacias.

“Para o Concello de Nigrán é un orgullo poder adicar un espazo público ao noso célebre veciño. Esta era unha franxa de monte chea de especies invasoras e agora será un souto para o goce dos nenos do colexio e para a veciñanza, de feito, crearemos un acceso directo dende o centro para que forme parte do recinto”, explicou o alcalde, Juan González.

Lula Goce

Lula Goce é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca na especialidade de Pintura; Doutorada e Máster en Belas Artes pola Universidade de Barcelona; Técnica en Ilustración pola Escola de Dóaa de Barcelona e técnica en deseño gráfico polo Centro Pauta Formació de Barcelona. Goce conta con numerosos premios e recoñecementos no seu haber e ten obra dentro e fora de España, sendo requirida dende numerosos puntos de Europa para realizar os seus aclamados murais.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.