spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán festexa este sábado o Día Mundial das Abellas na Ramallosa cunha...

Nigrán festexa este sábado o Día Mundial das Abellas na Ramallosa cunha xornada apícola

os-insecticidas-usados-en-europa-suponen-maior-risco-para-as-abellas-e-outras-especies-do-que-se-pensabaA I Feira Apícola do Val Miñor terá lugar ao aire libre na rúa Cabreira (no corazón do comercio da Ramallosa) e as conferencias dentro do Centro Comercial. Grupos de música e animación infantil animarán o evento, dirixido a todo tipo de público

O Concello de Nigrán festexa este sábado na Ramallosa o Día Mundial das Abellas xunto a Asociación Galega de Apicultura, a asociación de comerciantes de A Ramallosa e Ovalmi. Trátase dunha celebración internacional para facer difusión sobre a importancia das abellas e reivindicar a súa necesaria protección como gardiás do medio ambiente.

Esta I Feira Apícola terá lugar durante toda a xornada na rúa Camiño da Cabreira, que permanecerá cortada ao tráfico, e no Centro Comercial, onde serán as diferentes conferencias. Precisamente, Concello e comerciantes acordaron celebrala no corazón do comecio da Ramallosa co obxectivo de dinamizar a zona. Así, a feira ubicarase na rúa coa presenza de apicultores locais que porán os seus produtos á venda xunto ao CEE Juan María e Encaixamos, que levarán manualidades feitas a base de cera e doces elaborados con mel. Durante a mañá amenizará o evento o grupo de gaiteiros de Chandebrito, pola tarde as pandereteiras de Priegue e durante todo o día estará o dúo para os nenos ‘Volvoreta e Voltereta’, ademáis de haber obradoiros infantis. Paralelamente, celebrarase o sorteo dunha cesta entre tódalas rifas que se foron entregando esta semana coas compras nos comercios locais. No Centro Comercial Ramallosa haberá diferentes conferencias: ás 10:30 sobre a produción de pole,  ás 11.30 sobre manexo ecolóxico antivarroa, ás 16.30 fotografar a natureza a cargo de Ruth Villar e, finalmente, ás 17.30 entrega de premios do concurso de debuxos realizado en diferentes colexios do Val Miñor.

A celebración do Día Mundial das Abellas ten como obxectivo sensibilizar á sociedade sobre a importancia das abellas na súa función da polinización polos beneficios que aporta á agricultura, ó medioambiente e á alimentación. Esta iniciativa partiu no 2014 da Asociación de Apicultura de Eslovenia, país onde esta data xa está establecida como o Día Nacional das Abellas, e foi apoiada por Apimondia, Federación Internacional de Asociacións Apícolas. Á espera de que sexa aprobada oficialmente polas Nacións Unidas, está sendo celebrada internacionalmente por unha grande parte do sector apícola de todo o mundo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.