spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán crea a primeira ruta xeolóxica do municipio na Península de Monteferro

Nigrán crea a primeira ruta xeolóxica do municipio na Península de Monteferro

Nigrán crea a primeira ruta xeolóxica do municipio na Península de MonteferroO xeólogo Francisco Canosa será o encargado de facer a visita guiada, que parte do camiño do Rego do Forno (Patos) ás 10:00 horas

O Concello de Nigrán ofrece este martes 16 de xullo a súa primeira ruta xeolóxica do municipio na península de Monteferro, un dos puntos máis interesantes de toda a provincia de Pontevedra por concentrar gran cantidade de rochas de diferentes procesos xeolóxicos entre as que destacan conglomerados, lousas, xistos, cuarcitas, granitos e diabasas. O doutor en Xeoloxía Francisco Canosa, responsable de definir o itinerario, será quen realice a visitas guiada. Os interesados en asistir deben presentarse ás 10:00 horas no Camiño do Forno (Patos) provistos de roupa e calzado axeitado, protección solar e auga. A duración prevista é de catro horas e a dificultade baixa.

O experto deseñou un itinerario de 6,5 km adaptado a todo tipo de público e que arranca na Praia de Patos (praia fósil de 120.000 anos de antigüidade, orixinada cando o mar se atopaba por enriba do nivel actual) e continúa ma segunda parada por Punta da Meda (zona de contacto entre as rochas metamórficas que forman Monteferro e os granitos, como resultado fórmase un mineral chamado andalucita que aparece como moteado na rocha e do que non se pode encontrar maior concentración e tamaño en toda Galicia); terceira o merendeiro (panorámica das Illas Cíes e da costa de Baiona, así coma unha antiga superficie de erosión mariña sobre as Illas Estelas e o Cabo Silleiro); cuarta a costa (onde as diferenzas de dureza entre granitos e rochas metamórficas condicionan de xeito salientable a morfoloxía costeira); e quinta os Seixos Negros (presenza de rochas subvolcánicas escuras, diabasas, por mor do arrefriamento dun magma a través dunha fractura durante a formación do Océano Atlántico).

Nigrán crea a primeira ruta xeolóxica do municipio na Península de Monteferro

“Monteferro é un espazo todavía por descubrir, que ten moitísima potencialidade máis da que a simple vista se pode apreciar. Con estas rutas ímos coñecer parte da nosa historia máis descoñecida”, destaca o alcalde en funcións, Juan González. “Trátase dun dos enclaves máis interesantes de toda a provincia de Pontevedra e dunha ruta moi coñecida pola súa gran beleza paisaxística, pero agora se trata de observala dende outro punto de vista menos común e polo que tamén sobresae”, comenta Canosa.

Historia xeolóxica de Monteferro

A historia xeolóxica de Monteferro comezou no fondo do mar fai máis de 500 millóns de anos, nun período xeolóxico coñecido como Cámbrico, naquel momento o tamaño e distribución dos continentes eran moi diferentes dos actuais. Ata tal punto que Monteferro atopábase próximo ao Polo Sur, despois como consecuencia do movemento dos continentes, prodúcese unha salientable colisión entre dous deles (Laurussia e Gondwana) fai 350 millóns de anos, o que orixina unha cordilleira montañosa de altitude semellante ao actual Himalaia. As rochas de Monteferro vense afectadas por este acontecemento xeolóxico en forma de importantes cambios no seu aspecto e composición. Na época dos dinosauros esas montañas erosiónanse por completo para despois durante a formación dos Alpes, fai só 70 millóns de anos, orixinarse unhas novas que son as que podemos ollar na actualidade. Todos estes procesos e acontecementos xeolóxicos deixaron a súa pegada nos materiais que constitúen Monteferro e a súa contorna, polo que con esta ruta poderá entenderse un pouco mellor a linguaxe das rochas, unha ferramenta básica para interpretar e coñecer a historia do noso planeta.

As rochas de Monteferro

Conglomerados

Rochas sedimentarias constituídas por fragmentos redondeados de outras rochas e minerais, normalmente de cuarcita e seixo, e cementados por arxilas ou óxidos de ferro.

Lousas

Rochas metamórficas que en orixe eran materiais arxilosos, víronse afectados por un incremento da presión e temperatura o que fixo cambiar de xeito salientable o seu aspecto. Caracterízanse por amosar un tacto brando e suave.

Xistos

Rochas metamórficas procedentes de antigos sedimentos fangosos, que posteriormente foron sometidos a moita presión e temperatura. Os seus minerais son visibles a simple vista e normalmente teñen moitas micas.

Cuarcitas

Rochas metamórficas orixinadas a partir de sedimentos areosos que se viron afectados por salientables cambios na presión e temperatura. En xeral son materiais moi ásperos e duros ao tacto.

Granitos

Rochas magmáticas que se arrefriaron no interior da Terra, a máis de 15 quilómetros, e polo tanto están formadas de cristais de seixo, feldespato e mica.

Diabasas

Rochas magmáticas cun arrefriamento lento pero próximo á superficie da Terra, menos de 8 quilómetros, e constituídas por minerais escuros tales como

- Publicidade -spot_img