spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán contrata o estudo de prospección arqueolóxica de todo o municipio

Nigrán contrata o estudo de prospección arqueolóxica de todo o municipio

nigran-contrata-o-estudo-de-prospeccion-arqueoloxica-de-todo-o-municipio
Restos igrexa Visigótica en Panxón

O estudo foi adxudicado por 9.680 € a empresa santiaguesa ‘Desenrolo e Obras de Arqueoloxía S.C.’ e permitirá dispor en dous meses dunha completa radiografía de todo o patrimonio nigranés

O Concello de Nigrán ven de contratar a empresa con sede en Santiago ‘Desenrolo e Obras de Arqueoloxía S.C.’ o estudo de prospección arqueolóxica de todo o municipio por valor de 9.680 euros. Trátase dun paso  imprescindible de cara a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal que permitirá dispor en dous meses dun completo estudo científico do estado, descrición e ubicación de tódolos bens culturais.  O Concello cumple así coas indicacións remitidas dende a propia Dirección Xeral do Patrimonio, que acerca da aprobación inicial do PXOM emitiu un informe no que manifestaba a necesidade deste estudo para “revisar e actualizar” tódolos bens que teñen documentados.

“É un paso importante dende o punto de vista de avance no PXOM pero, sobre todo, significa  dispor por primeira vez dun completo estudo da nosa riqueza patrimonial que permitirá coñecer máis e mellor todos os nosos recursos, protexelos do vandalismo ou espolio e por en marcha un plan de actuación ao respecto”, destaca o alcalde de Nigrán, Juan González.

Os traballos contratados supoñen unha primeira fase informativa de exploración erecoñecemento de tódolos elementos terrestres ou subacuáticos recollidos nas bases de datos da Dirección Xeral de Patrimonio (preto de 200), da empresa redactora do PXOM e os aportados pola asociación Chandebrito 1087  para informar do seu estado, ubicación, descrición… Estes datos completaránse con calquera outra información, indicio ou referencia que poida existir e se incluirá a toponimia, fotografías aéreas ou cartografías. Todo elo será reflectido nunha cartografía específica que servirá de base para o traballo de campo, que constitúe a segunda fase, na que se procederá a observación sistemática (non de extracción) e que pode incluir dende delimitación dos xacementos cunha descrición completa a comprobación de topónimos ou referencias e rexistro de novos elementos que si resultan de especial singularidade sí se procederán a recoller.

nigran-contrata-o-estudo-de-prospeccion-arqueoloxica-de-todo-o-municipio
Restos igrexa Visigótica en Panxón

Finalmente, a partir dos datos obtidos confeccionarase unha base de datos e situaranse sobre a base cartográfica empregada no PXOM  todos aqueles elementos que teñan a entidade mínima para estar integrados no Catálogo. Ademáis, proporánse graos e normativas de protección naqueles que se sumen a ese documento. Todo elo se recollerá en fichas independentes para conformar o catálogo de bens do PXOM, que actualmente conta con 107 elementos, moitos eles de recente descobremento e por tanto non incorporados (entre eles oito petroglifos, como o das Chans do Outeiro grande, Lapela ou dos Lagos).

Os Bens de Interese Cultural que se atopan declarados como tal no municipio son os restos da igrexa visigótica de Panxón, o Pazo de Cea, o Pazo de Cadaval-Urzáiz e todos aqueles considerados BIC (horreos, escudos, emblemas, pedras heráldicas, rolos de xustiza ou cruces de termo). Ademáis, o petroglifo Outeiro das Campanas ten a declaración específica de Monumento Histórico-Artístico.

“O Catálogo actual da DXP resulta moi insuficiente e contén moitos erros de localización, o propio organismo suliña que ten constancia de que moitos dos hórreos ou muíños non están incluídos , de que algúns están mal localizados ou de que non aparece o Camiño portugués. É unha oportunidade única para actualizalo e incorporar tódolos elementos de interese”, sinala o rexidor.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.