Inicio Pontevedra Baixo Miño Sete medallas galegas no Campionato de España de Slalom Olímpico celebrado en...

Sete medallas galegas no Campionato de España de Slalom Olímpico celebrado en Sort

Ainhoa Lameiro
Ainhoa Lameiro

O Club Deportivo Miño ocupou a sexta posición da xeral de clubs.

O pasado fin de semana disputouse na localidade leridense de Sort o Campionato de España de Slalom Olímpico. Á cita acudiron os seis clubs galegos en busca dos metais en xogo para este campionato.

Ainhoa Lameiro do Club Piragüismo Penedo sumou dúas medallas de ouro ao gañar en K1 e C1 cadete, así mesmo Manuel Ochoa do C.D. Miño os Teixugos proclamouse campión de España en K1 xuvenil.

Por outra banda Brais Castro e Luís Fernández do C.D. Miño os Teixugos conseguiron a terceira posición en C2 senior, Lorena Costa de Piragüismo Dumbría logrou o terceiro posto en K1 cadete e por último Emilio Rodríguez de os Teixugos foi terceiro en K1 veterano.

Polo que respecta á clasificación xeral de clubs o C.D. Miño-Teixugos foi sexto, o Tea de Mondariz-Balneario foi noveno, Piragüismo Dumbría décimo, SenSiras de Mazaricos décimo segundo e Quixós de Monforte décimo quinto.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
299SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies