spot_img
InicioVal MiñorBaionaNigrán colaborará un ano máis na 'XIX Marcha Cicloturista' entre o alumnado...

Nigrán colaborará un ano máis na ‘XIX Marcha Cicloturista’ entre o alumnado do CEIP Humberto Juanes e os de intercambio de Mánchester

Nigrán colaborará un ano máis na 'XIX Marcha Cicloturista' entre o alumnado do CEIP Humberto Juanes e os de intercambio de MánchesterTerá lugar o 23 de Marzo e participarán 80 crianzas de Saint John’s, o alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Humberto Juanes e Discamino con rapaces do CEE Juan María

Cousas de revista nº16

O Concello de Nigrán colaborará un ano máis na xa tradicional marcha cicloturista entre alumnado do CEIP Humberto Juanes e o de intercambio de Manchester que terá lugar este xoves 23 de Marzo. O evento foi presentado onte no ximnasio do centro educativo coa presenza dos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria; os alcaldes de Nigrán e Baiona, Juan González e Carlos Gómez respectivamente; a directora, Cristina Fernández; e Javier Pitillas como representante de Discamino. Un ano máis, e tras o parón do Covid, a rapazada destes dous cursos e os 80 de Saint John’s pedalearán a partir das 10:00 horas entre Nigrán e Baiona acompañados no traxecto por Discamino con alumnado do CEE Juan María.

A chegada das crianzas de Inglaterra á casa das familias de Nigrán será o martes 21 de Marzo e permanecerán durante 7 días disfrutando de multitude de actividades, como pode ser unha excursión ás Cíes, obradoiros, xogos na praia, plantación de árbores… Eventos todos eles cos que colabora o Concello.

Historia do Intercambio
O CEIP Plurilingüe Humberto Juanes leva 17 anos levando a cabo un intercambio lingüístico-cultural con Manchester, en concreto co barrio de Chorlton. O intercambio comezou sendo ‘só’ un contacto epistolar entre o alumnado de 5º e 6º, e nunca se imaxinou que se puidesen coñecer persoalmente. Ata que, vendo que a iniciativa gustaba moitísimo ao alumnado e incidía estreitamente na súa motivación por aprender a lingua inglesa, o centro tomou a decisión de embarcarse nunha viaxe (xa sen volta atrás) para coñecer a eses compañeiros e compañeiras. Hoxe en día, este intercambio está xa instaurado no día a día do centro, e supón un selo de identidade.

O contacto co colexio Saint John’s comeza en 5º, facendo intercambio de cartas de presentación, postais de nadal, video conferencias, e-mails, etc… Normalmente, antes de Semana Santa o alumnado inglés viaxa a Nigrán para coñecer aos seus amigos e amigas. Despois, en 6º, continúa o contacto lingüistico, e é cando o CEIP Humberto Juanes viaxa a Manchester, normalmente en xuño.

- Publicidade -spot_img