spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán inaugura unha escultura en homenaxe ao mundo do surf na praia...

Nigrán inaugura unha escultura en homenaxe ao mundo do surf na praia de Prado

Nigrán inaugura unha escultura en homenaxe ao mundo do surf na praia de PradoFoi realizada pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra

Cousas de revista nº16

O Concello de Nigrán inaugurou onte coa presenza do deputado provincial Santos Héctor; o alcalde, Juan González, e e o edil de Deportes, Luis Sanromán, unha escultura en pedra adicada ao mundo surfeiro xusto ao carón da praia de Prado (Priegue).

A peza, que simula a un surfista collendo unha onda, foi realizada polo alumnado da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra ex-profeso para este lugar a petición da Concellería de Deportes e está situada ao final da rúa Caranquexo, ante o propio areal.

O obxectivo do Concello é render homenaxe a este deporte tan popular en Nigrán e a toas as persoas que o practican e que o introduxeron en Galicia a través das praias de Patos e Prado nos anos 70.

- Publicidade -spot_img




[adrotate group="1"]