spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán celebra o Día Mundial do Medio Ambiente plantando dez madroños nunha...

Nigrán celebra o Día Mundial do Medio Ambiente plantando dez madroños nunha zona verde do parque empresarial Porto do Molle

Nigrán celebra o Día Mundial do Medio Ambiente plantando dez madroños nunha zona verde do parque empresarial Porto do MolleNigrán participa na iniciativa da Unión Europea plantando dez madroños na zona verde de Porto do Molle e súmase ao ‘Apagón’  convocado tamén desde o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Concello de Nigrán únese este sábado, 5 de xuño, á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente cun “apagón” convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (entidade que preside o alcalde de Nigrán) dentro do proxecto europeo #PeopleAndPlanet e, a maiores, participando na iniciativa #UnÁrbolPorEuropa.

Así, este mediodía foron prantados dez madroños nunha zona verde do parque empresarial Porto do Molle como parte da iniciativa #Un ÁrbolPorEuropa, que une a máis de 450 localidades de todo vello continente e 9.000 exemplares repoboados. Esta é unha proposta do Parlamento Europeo na que se invita a tódolos alcaldes a que pranten unha árbore na súa localidade e visibilicen a importancia do desenvolvemento sostible no eido local e da mocidade nos procesos de toma de decisións neste asunto.

Igualmente, a partir das 23 horas, suspenderase a iluminación pública do Consistorio co fin de concienciar sobre o consumo enerxético. A acción encádrase tamén no proxecto europeo ‘People and Planet’, que implica á mocidade e aos gobernos locais na loita contra o cambio climático.  Aínda que o consumo eléctrico en Galicia caeu un 5,8% no ano 2020, tratouse dun descenso coxuntural debido á paralización da actividade por mor da Covid-19, de aí que cumpra seguir fomentando o aforro de enerxía para evitar o impacto ambiental que supón producila. .

“Son accións simbólicas que reflexan a nosa propia maneira de facer política, situando ás persoas e o medio ambiente como prioridades e trasladando os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible tamén ao eido local”, explica Juan González, alcalde de Nigrán e presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, quen avanza unha gran celebración para o Día Mundial dos Océanos o próximo sábado.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.