spot_img
InicioBaixo MiñoNenos e nenas do Rosal descubriron diferentes culturas do mundo no campamento...

Nenos e nenas do Rosal descubriron diferentes culturas do mundo no campamento municipal de Nadal

Nenos e nenas do Rosal descubriron diferentes culturas do mundo no campamento municipal de Nadal Un percorrido polo mundo e polas tradicións de Nadal en diferentes culturas. Así foi o campamento de Nadal organizado polo Concello do Rosal durante o mes de decembro e xaneiro, posto en marcha co obxectivo principal de axudar ás familias rosaleiras a conciliar a vida laboral e familiar a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre dos nenos e nenas durante o período de vacacións escolares. O campamento era gratuíto e encheu todas as prazas dispoñibles.

Baixo o título de ‘Nadal no mundo’, 25 nenos e nenas de educación infantil e primaria puideron coñecer os costumes e xogos tradicionais de diferentes culturas e crear motivos e aderezos propios destas datas, atendendo á educación en valores e á diversidade. Así, os máis pequenos e pequenas coñeceron xogos propios das culturas asiática ou africana, compartiron ideas sobre no Nadal e reflexionaron sobre o consumo despois dos agasallos de Papá Nöel, crearon un tarro de luz propio do Jánuca xudeu ou un personaxe propio das culturas nórdicas, os axudantes de San Nicolás: os elfos verdes. Una morea de actividades a través das que os nenos e nenas aprenderon a convivir e cooperar nunhas datas tan sinaladas.

Dende o Concello somos conscientes “da importancia da corresponsabilidade, por iso queremos achegar o noso gran de area con iniciativas como este campamento, axudando aos pais e nais que traballan e non teñen con quen deixar aos seus fillos e fillas ao tempo que os mais pequenos e pequenas aprenden”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.