spot_img
InicioBaixo MiñoNace o Observatorio da Xunqueira de Ramallosa, un proxecto pioneiro en accesibilidade...

Nace o Observatorio da Xunqueira de Ramallosa, un proxecto pioneiro en accesibilidade e tecnoloxía para a conservación natural

nace-o-observatorio-da-xunqueira-de-ramallosa-un-proxecto-pioneiro-en-accesibilidade-e-tecnoloxia-para-a-conservacion-naturalTrátase dun proxecto promovido polo Concello de Gondomar financiado pola convocatoria Leader 2023-2024 a través de EuRural

Revista Cousas de nº21

Favorecer o achegarse á natureza sen obstáculos físicos nin sensoriais. Ese é obxectivo do Observatorio da Xunqueira da Ramallosa, un innovador espazo promovido polo Concello de Gondomar que pretende mellorar a experiencia de observación de aves e sensibilizar medioambientalmente a visitantes e veciñanza.

Cun investimento total de case 18.000 euros financiados ao 90% pola convocatoria Leader 2023-2024 do PDR de Galicia 2014-2020 con fondos FEADER a través da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural, o observatorio será unha instalación de accesibilidade universal “para que poidan desfrutar dela todas as persoas independentemente da súa capacidade física, sensorial ou cognitiva, para que todos e odas as interesadas nas aves e na natureza e na súa conservación poidan gozala e estudala”, como destacou o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, durante o acto inaugural.

nace-o-observatorio-da-xunqueira-de-ramallosa-un-proxecto-pioneiro-en-accesibilidade-e-tecnoloxia-para-a-conservacion-natural

O observatorio é unha edificación móbil adaptada que incorporará paneis interpretativos e sinalización a través das novas tecnoloxías. Así, incorporará códigos QR que enlazarán directamente con recursos en liña como aos do The Cornell Lab of Ornithology no que poder ver fotos e vídeos e escoitar o son de diferentes especies. Ademais, outros paneis offrecerán enlaces a unha audioguía da natureza da Ramallosa, unha aplicación para identificar aves ou un mapa dixital do espazo natural. Estes paneis tamén estarán adaptados para persoas con discapacidade visual mediante información en sistema braille e siluetas en relevo das distintas aves acuáticas.

A presidenta de EuRural, Sandra González, salientou o compromiso da asociación de desenvolvemento rural con proxectos que fomentan a conservación medioambiental, “xerando riqueza no noso territorio dun xeito diferente e sostible. Este observatorio non só mellorará a experiencia das e dos visitantes, senón que é un novo paso para preservar a nosa contorna e afondar na educación ambiental. A accesibilidade universal do proxecto asegura que todas e todos poidan gozar deste marabilloso espazo”.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Esta instalación, situada no esteiro do río Miñor na confluencia entre os concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona, busca executar medidas para a interpretación dos valores e do patrimonio natural da Ramallosa, en especial dos medios de xunqueira e intermareais. Con este novo observatorio, Gondomar dá un paso importante na promoción dun turismo sostible e na súa aposta estratéxica por unha oferta turística baseada na observación de aves, así como na conservación dos seus espazos naturais nun momento no que este tipo de actividades de lecer está en grande auxe.

- Publicidade -spot_img