spot_img
InicioVigo e áreaVigoA Xunta colabora na difusión do patrimonio natural de Vigo a través...

A Xunta colabora na difusión do patrimonio natural de Vigo a través da obra “Álbum histórico das Illas Cíes”

a-xunta-colabora-na-difusion-do-patrimonio-natural-de-vigo-a-traves-da-obra-album-historico-das-illas-ciesA delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este luns na presentación da obra “Álbum Histórico das Illas Cíes”, de Santiago Boado, que contou co apoio do Goberno galego a través de fondos europeos. A representante autonómica destacou o traballo do autor e a colaboración institucional para difundir o patrimonio natural e cultural vigués.

Revista Cousas de nº21

“Esta obra vén precisamente a colaborar na difusión da importancia que ten este arquipélago que protexe a nosa ría e a nosa cidade, un lugar marabilloso cunha historia impresionante”, sinalou durante a presentación celebrada na sede do Parque Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

O escritor Santiago Boado destacou que a obra é un paseo visual polo devir dos tempos nesta xeografía privilexiada. Trátase dun percorrido de imaxes que comeza na Prehistoria ata desembocar no ano 2002, cando as Cíes se integran no Parque Nacional. Así, cos seus textos e a valiosa documentación histórica que acompaña contextualiza o que se coñece sobre os asentamentos humanos establecidos.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Pola súa banda, o director do parque, José Antonio Fernández Bouzas, apuntou que a obra foi realizada tras máis dunha década de traballo de investigación. Durante o acto, o autor amosou unha selección de mapas, debuxos e fotografías, algunhas delas inéditas sobre a historia das Illas Cíes.

- Publicidade -spot_img