spot_img
InicioCondado ParadantaMostra de Produtos de Covelo este sábado con música en directo e...

Mostra de Produtos de Covelo este sábado con música en directo e contacontos teatralizados

mostra-de-produtos-de-covelo-este-sabado-con-musica-en-directo-e-contacontos-teatralizadosO Concello de Covelo celebra este sábado día 1 a súa Mostra de Produtos de Covelo con produtos de proximidade, artesanía e segunda man de 10 a 14 horas.

Revista Cousas de nº21

Postos de produtos de alimentación, cestaría, cosmética natural, decoración, horta, maquetería, prantas, de tatuaxe con henna, textiles e xoiaría, entre outros moitos, nos que mercar e aprezar o traballo local e o realizado a man.

Ás 11:30 Barafunda animación ofrecerá o contaconto teatralizado “Pepiña Maruxiña quere voar” un espectáculo educativo e lúdico animado con efectos sonoros. A partir das 12:30 e como de costume chega a sesión vermú con música en directo, nesta ocasión a cargo das Retranqueiras de Barcia de Mera, Sons do Suído e Poker dos Barallocas. Ademais, as persoas asistentes poderán gozar da boa gastronomía da hostalaría local e do polbo á feira.

Sesión vermú coa música en directo coas Retranqueiras de Barcia de Mera, Sons do Suído e Poker dos Barallocas

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, convida a toda a cidadanía a participar desta xornada e aproveitar a súa estancia para coñecer o patrimonio histórico e etnográfico ou percorrer algún dos sendeiros que nos descobren a rica fauna e flora de Covelo.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A Mostra de Produtos de Covelo conta co apoio da Deputación de Pontevedra.

- Publicidade -spot_img