spot_img
InicioVigo e áreaVigoNace o festival de órgano “8 pés” en Vigo

Nace o festival de órgano “8 pés” en Vigo

Nace o festival de órgano “8 pés” en VigoTerá lugar do 23 ao 27 de novembro na Concatedral de Vigo coincidindo coa semana de Santa Icía

A Clásica presenta o festival “8 pés”, que nace en Vigo co obxectivo de poñer en valor o órgano, un instrumento pouco coñecido na actualidade. A cita co festival será do 23 ao 27 de novembro e contará coa Concatedral de Vigo como escenario principal.

Coincidindo coa semana de celebración de Santa Icía, o programa de “8 pés” xirará ao redor do único órgano en activo nun templo da cidade co fin de divulgar a súa historia e a súa música entre o público. Este órgano sinfónico do romántico tardío foi construído polo prestixioso mestre Lope Alberdi en 1909. Xa en 2017 foi restaurado por Federico Acitores, conservando a súa esencia sonora e actualizando os sistemas.

Organizado pola Clásica, contará cunha programación especial ao redor do órgano da cidade

A Orquesta Clásica de Vigo busca achegar o público a un instrumento rico e diverso como é o órgano, que podería ser entendido como o primeiro sintetizador da historia, un instrumento mecánico que era capaz de condensar unha orquestra cunha coral da man dun único instrumentista. O festival, ademais dunha cita musical, convértese así nunha cita para conservar a historia e a memoria. “8 pés” ofrecerá unha coidada programación que inclúe concertos de artistas recoñecidos a nivel estatal, charlas, encontros e visitas guiadas.

As actividades, que se desenvolverán na Concatedral de Vigo e na Escola Municipal de Artes e Oficios, serán de balde previa retirada de convite na plataforma Enterticket.

Sobre o título “8 pés”

A medida dos tubos dun órgano realízase en pés, sendo oito o tamaño do tubo máis grave que se adoita empregar. De aí xorde o nome deste novo festival de música: “8 pés”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.