spot_img
InicioGaliciaNa nova edición de 'ViaGalicia' destaca o número de solicitudes con proxectos...

Na nova edición de ‘ViaGalicia’ destaca o número de solicitudes con proxectos vencellados á industria 4.0

o-programa-viagalicia-celebra-duas-intensas-xornadas-nas-sedes-de-lugo-e-nigran-para-seleccionar-15-ideas-de-negocio-que-pasaran-a-fase-final-de-aceleracion

Máis de 236 ideas de negocio se presentan á cuarta convocatoria da aceleradora de empresas e emprendedores ‘ViaGalicia.

Entre os rexistros inscritos en canda unha das sedes de Lugo e Vigo, 236 ideas de negocio se teñen presentado á convocatoria da cuarta edición da aceleradora de empresas ViaGalicia que, para axudar a que as mellores ideas e proxectos pasen a seren negocios de éxito, co-xestionan a Xunta de Galicia e mailo Consorcio da Zona Franca. Dese total, 125 delas xa teñen pasado a nota de corte e agora están sendo revisadas polo Comité Técnico e mailos colaboradores cos que conta ViaGalicia que son Aimen, Anfaco, Banco Pastor, CDTI, Cinae, Cis Galicia, Clusaga, Cointega, Crtvg, Ctag, Energylab, Gradiant, Ineo, Otri Vigo e a Universidade de Vigo. Os responsables do programa por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria e Zona Franca consideran un luxo e un privilexio que expertos de todas estas empresas e institucións poñan o seu coñecemento a disposición dos emprendedores deste programa.
Na vindeira semana do 12 deste mes se informará dos nomes dos preto de 60 equipos que por cada sede pasarán a realizar entrevistas persoais co Comité Técnico. A partires desa data, o fito inicial desta 4ª edición será o día 23 de setembro, día no que se publicarán nas plataformas viavigo.es e viagalicia.gal os listados definitivos dos 40 proxectos por sede que pasarán ao “startup day” que se celebrará en Lugo e Vigo. Esta selección farase tendo en conta a afouteza dos equipos e as ideas de negocio que mellor respondan aos criterios de innovación, acelerabilidade, investibilidade e a súa relevancia para a economía galega.
Nesta edición destaca o número de solicitudes con proxectos vencellados á industria 4.0, concretamente 39 entre automatización; realidade virtual; robótica e visión artificial. Os proxectos relacionados coas tecnoloxías dixitais de implantación na Industria 4.0 contarán ademais co apoio desde Ferrol do CIS Galicia que poñerá á súa disposición recursos, instalacións e equipamentos para o desenvolvemento de habilitadores dixitais específicos que lles permitan avanzar cara a unha industria conectada, intelixente, eficiente e sostible
Outra novidade desta edición é a incorporación dun máximo de catro proxectos do sector tecnolóxico Aeroespacial que serán seleccionados co apoio dun técnico do CDTI para acceder á fase de aceleración. Esta ampliación nace dentro da colaboración que a Xunta de Galicia e o Consorcio da Zona Franca de Vigo están realizando para o impulso e a consolidación do sector Aeroespacial en Galicia e serán o xermolo dunha aceleradora de empresas específica que para este sector se instalará en Porto do Molle, Nigrán.
Grazas a suma de esforzos da Xunta e da Zona Franca os quince proxectos de calquera sector máis os catro do aeroespacial que queden finalistas alcanzarán nesta convocatoria a cifra de 1.875.000 euros entre capital semente e achegas a fondo perdido, máis outros 375.000 euros en gastos de formación e consultoría. ViaGalicia é un programa de apoio e asistencia a emprendedores promovido polo Consorcio e a Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e da sociedade xestora de dos fondos de capital-risco da Xunta (XesGalicia) e tamén pola sociedade de capital-risco do Consorcio, Vigo Activo. Os proxectos seleccionados tamén terán ao seu dispor as infraestruturas precisas para activar a empresa; contarán con profesionais e expertos que lles asesorarán ao longo de todo o proceso, e mesmo finalmente lles prepararán para presentar canda un dos proxectos a investidores privados que poidan aportarlles financiamento e outros recursos.

 

- Publicidade -spot_img