spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Museo da Navegación de Baiona quiere crear un arquivo fotográfico da...

O Museo da Navegación de Baiona quiere crear un arquivo fotográfico da Vila

museo-da-navegacion-baiona-quiere-crear-arquivo-fotografico-da-vilaA Casa-Museo da Navegación está a realizar unha recompilación de fotografías antigas de Baiona para facer un arquivo fotográfico e así conservar a memoria da Vila.

Para que este proxecto se poida levar a cabo, pídese a colaboración de todo aquel que dispoña de material fotográfico sobre a Vila. As fotografías serán escaneadas para construír unha base de datos e os orixinais serán devoltos aos seus donos, todo iso tras a firma dun contrato de cesión de imaxe que recollerá os datos persoais que sempre irán unidos ao uso da imaxe.

O punto de recollida das fotografías será na Casa da Navegación. O obxectivo deste proxecto é realizar un arquivo de imaxe no que se recolla a evolución histórica da Vila de Baiona e as súas parroquias, dar a coñecer as súas festas e tradicións, a historia das súas xentes e a evolución do crecemento do pobo como memoria colectiva.

Todos os interesados en colaborar neste proxecto poden poñerse en contacto a través do número de teléfono da Casa (986 35 66 88), e-mail casa.navegacion@baiona.org, Facebook ou achegándose á recepción da Casa da Navegación (Ventura Misa, 17, 36300 -Baiona).

Horario de apertura

Por outra banda, dende o 1 de agosto ata o 15 de setembro a Casa-Museo da Navegación amplía o horario, sendo de martes a domingo de 10:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas

- Publicidade -spot_img