spot_img
InicioVal MiñorNigránMueveloreina, Depedro, Esteban & Manuel e Bigott, primeiras confirmacións do Festival 'Vive...

Mueveloreina, Depedro, Esteban & Manuel e Bigott, primeiras confirmacións do Festival ‘Vive Nigrán’

mueveloreina-depedro-esteban-manuel-e-bigott-primeiras-confirmacions-do-festival-vive-nigranA segunda edición do festival ‘Vive Nigrán’ terá lugar os próximos 20 e 21 de xullo no antigo campo de fútbol de Lourido, en Praia América, un entorno máxico no que o escenario natural forma parte intrínseca do espectáculo.

A segunda edición do festival Vive Nigrán, que se celebrará no antigo campo de fútbol de Lourido (Praia América) os próximos 20 e 21 de xullo, presentou hoxe un adianto do seu cartel con catro propostas frescas, suxerentes e variadas: a “música electrapical” de Mueveloreina, os sons emocionantes e transformadores de Depedro, a cumbiatune de Esteban & Manuel e a luminosidade musical de Bigott.

O festival, ademais, continuará artellándose sobre a música e fusionándose cunha serie de experiencias que permitirán ao visitante vivir Nigrán no sentido máis amplo do termo: terán á súa disposición dende xogos ao aire libre ata unha gran oferta culinaria a cargo de foodtrucks, un mercadiño, sesións DJ, obradoiros, charlas… Un sinfín de actividades que debuxan un “picnic pop festival” de cultura creativa, unha filosofía e un estilo de vida para que todos os públicos poidan gozar intensamente Nigrán dende a mañá ata a noite. E todo iso nun espazo máxico e co que mantén un compromiso de emprazamento: fronte ao Atlántico, co perfil das illas Cíes ao fondo, nun extremo de Praia América-Lourido (un areal dos máis aplaudidos de todo o litoral galego pola súa extensión, area fina e de augas case transparentes) e ao pé da península de Monte Lourido.

As persoas interesadas en adquirir as súas entradas xa poden facelo a través da propia web do festival, www.vivenigran.com, gozando dunha primeira promoción coa que se poden adquirir os primeiros cen abonos de dous dúas por 18 €.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.