Inicio Val Miñor Baiona O MRCY de Baiona acolleu un ano máis a Gala de entrega...

O MRCY de Baiona acolleu un ano máis a Gala de entrega dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda

O Monte Real Club de Yates de Baiona, acolleu a entrega dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda que organiza desde hai 25 anos

Os máis destacados do mundo náutico en España déronse cita un ano máis en Baiona na gala de entrega dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda, uns galardóns creados hai 25 anos co obxectivo de recoñecer o traballo de distintas persoas e institucións, así como os seus valores humanos e deportivos.

MRCY-Gala Premios Nacionais Vela2O histórico Monte Real Club de Yates acolleu a pasada noite, no marco da celebración do seu 32º Trofeo Príncipe de Asturias, a gala de entrega duns premios que recibiron: O barco Maserati, o suplemento ABC da Náutica, Fernándo Echávarri e Tara Pacheco, o Spanish Impulse, Xabi Fernández e a Escola Naval Militar de Marín.

O barco Maserati, o suplemento ABC da Náutica, Fernando Echávarri e Tara Pacheco, o Spanish Impulse, Xabi Fernández e a Escola Naval Militar de Marín recibiron este ano os prestixiosos galardóns

Fernando León, patrón do Maserati, foi o encargado de recoller, de mans da deputada delegada de deportes da Deputación de Pontevedra, Consolo Bicada, o premio outorgado ao barco de Porto Portals, armado por Álvaro Irala, como mellor barco ORC.

mrcy-baiona-acolleu-ano-mais-gala-entrega-dos-premios-nacionais-vela-terras-gaudaO Premio Mariano Augado de Comunicación levoullo este ano o suplemento mensual ABC da Náutica, pola difusión que realiza, desde fai máis dunha década, das principais noticias relacionadas coa vela que se producen en España. Recolleu o galardón o seu director, Pedro Sardiña.

mrcy-baiona-acolleu-ano-mais-gala-entrega-dos-premios-nacionais-vela-terras-gaudaO galego Fernándo Echávarri e a canaria Tara Pacheco, Premio Nacional de Vela Terras Gauda ao Mellor Equipo Olímpico, non puideron estar presentes esta noite en Baiona polos seus compromisos deportivos, e o alcalde de Baiona, Anxo Rodal, entregoulle o seu galardón a Paco Pepe, primeiro adestrador do deportista galego, quen agradeceu o premio oen o seu nome.

O Spanish Impulse by Iberostar foi recoñecido como o mellor equipo de regata do ano pola súa actuación representando a España na Youth America?s Cup, a versión xuvenil da Copa América de Vela. Do equipo dos ?galos? estiveron presentes na gala o olímpico Jordi Xammar e o galego Luís Bugallo, quen subiu a recoller o galardón acompañados de parte do seu equipo deportivo. A secretaria xeral para ou deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez, foi a encargada de entregarllo.mrcy-baiona-acolleu-ano-mais-gala-entrega-dos-premios-nacionais-vela-terras-gaudamrcy-baiona-acolleu-ano-mais-gala-entrega-dos-premios-nacionais-vela-terras-gauda

O seguinte premio da noite recolleuno o patrón do MAPFRE na Volvo Ocean Race, o guipuscoano Xabi Fernández, Premio Nacional de Vela Terras Gauda ao mellor regatista do ano. O presidente do Monte Real Club de Iates, José Luis Álvarez, felicitouno por recibir un galardón que premia, de forma especial a súa participación, como único representante español, na última edición da Copa América.

mrcy-baiona-acolleu-ano-mais-gala-entrega-dos-premios-nacionais-vela-terras-gaudaE o Premio Nacional de Vela Terras Gauda á institución do ano recaeu nesta edición na Escola Naval Militar de Marín, polo traballo que realiza, desde fai tres séculos, na formación científica, humanística, militar e mariñeira dos oficiais da Armada española. O xurado que outorga os galardóns quixo recoñecer tamén con este premio o que a Escola se haxa convertido, ao longo da súa historia, nun un dos principais xeradores de coñecemento científico en España, en materias tan relacionadas co mundo náutico como a cartografía, a meteoroloxía, a xeodesia, a enxeñería, a hidrografía, a oceanografía ou a astronomía, entre outras. O comandante director da Escola Naval Militar de Marín, José María Núñez Torrente recibiu o galardón de mans do presidente de Adegas Terras Gauda, José María Fonseca Moretón, no ano no que se cumpre o 300 aniversario do seu nacemento.

mrcy-baiona-acolleu-ano-mais-gala-entrega-dos-premios-nacionais-vela-terras-gaudaA Gala dos Premios Nacionais de Vela finalizou cunha gran festa nas instalacións do Monte Real Club de Yates, na que todos os premiados, autoridades, e participantes no 32º Trofeo Príncipe de Asturias puideron gozar dunha gran noite en Baiona, que incluíu cea, música e fogos artificiais.

mrcy-baiona-acolleu-ano-mais-gala-entrega-dos-premios-nacionais-vela-terras-gauda
Gala Premios Nacionais Vela – intervención do Presidente de Terras Gauda

Gala Premios Nacionais Vela - intervención do Presidente de Terras GaudaGala Premios Nacionais Vela - intervención do Presidente de Terras Gauda

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies