spot_img
InicioO MorrazoMoañaMoaña recibe unha das dúas primeiras bandeiras verdes que se entran en...

Moaña recibe unha das dúas primeiras bandeiras verdes que se entran en Galicia

Moaña recibe unha das dúas primeiras bandeiras verdes que se entran en GaliciaO Concello de Porto do Son tamén accede a este distintivo, que ten obxectivo recoñecer e premiar a aqueles municipios que destaquen polas súas boas prácticas na protección paisaxística e ambiental

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda entregou esta mañá ao Concello de Moaña a Bandeira Verde de Galicia, polo que xunto con Porto do Son, convértese nun dos primeiros concellos galegos en recibir os primeiros distintivos, promovidos pola Xunta de Galicia.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, fixo entrega esta mañá desta bandeira á alcaldesa de Moaña, Leticia Santos Paz, que recoñece o esforzo das administracións locais comprometidos coa protección da paisaxe e do medio ambiente.

Nese sentido, o xurado valorou o traballo de Moaña en catro ámbitos de actuación: a protección da paisaxe, o cambio climático e a eficiencia enerxética, a xestión responsable dos residuos e as accións de sensibilización e comunicación; polo que se ten en conta a aposta deste municipio co desenvolvemento de boas prácticas no coidado da contorna, o respecto pola paisaxe, a redución das emisións de CO2, o fomento dunha correcta xestión do lixo e de medidas para garantir a integridade e limpeza de espazos de interese, como xardíns, praias, espazos etnográficos, etc, así como a posta en valor de monumentos naturais, a educación ambiental ou a redución do consumo enerxético.

A conselleira de Medio Ambiente recordou que unha das vantaxes da concesión deste distintivo é o Concello de Moaña contará cun mérito máis aos efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural.

Recordou que Galicia é unha rexión pioneira ao ser a primeira Comunidade Autónoma de España en crear un distintivo con estas características; aclarou que -se ben é certo que existen iniciativas similares- estas están promovidas por entidades privadas. Coa convocatoria realizada este ano, a primeira, a Xunta establece unha política pública coa que dar exemplo para avanzar no obxectivo común de conseguir unha Galicia verde e sostible.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.