spot_img
InicioVal MiñorNigránMiles de botellas de plástico chegaron aos areais de Nigrán durante o...

Miles de botellas de plástico chegaron aos areais de Nigrán durante o temporal

miles-de-botellas-de-plastico-chegaron-aos-areais-de-nigran-durante-o-temporal

O Concello de Nigrán concluirá hoxe a limpeza manual e urxente dos seus areais tras aparecer durante a fin de semana miles de botellas de plástico e lixo que serán sometidos ao correspontente tratamento de xestión de residuos. O forte temporal provocou unha chegada masiva deste tipo de lixo a tódalas praias do municipio, polo que dende o luns os operarios comezaron a traballar en Prado para seguir por Area Fofa, A Madorra, Panxón e Praia América.

A limpeza dos areais estase a realizar de xeito manual, sen ningún tipo de medio mecánico, e sen retirar as algas, dado que ambos aspectos son os máis axeitados para evitar a erosión do litoral.

“Cando hai temporais chega máis lixo as praias, pero nesta ocasión resulta sorprendente. En canto finalizaron as mareas vivas e as alertas comezamos a limpar urxentemente”, sinala o alcalde, Juan González.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.