spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona estrea nova Oficina de Turismo no Parque da Palma

Baiona estrea nova Oficina de Turismo no Parque da Palma

baiona-estrea-nova-oficina-de-turismo-no-parque-da-palma

O Concello Baiona estreou este venres a súa nova Oficina de Turismo co obxectivo de estar totalmente operativa na XXII Festa da Arribada que se celebrará entre o 3 e o 5 de marzo.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a deputada de Emprego, Montse Magallanes, foron os encargados de cortar a cinta que inauguraba oficialmente o novo edificio situado na Avenida Arquitecto Jesús Valverde, fronte ao Pozo da Aguada e ao carón do parque da Palma.

O novo edificio cuadriplica a superficie do anterior, ten cuberta axardinada e estará a pleno rendemento na Arribada

As instalacións, que contan cunha superficie de 101 metros cadrados e  ven a substituír a anterior oficina de apenas 25 metros na entrada do Parador Conde de Gondomar, construíse cun investimento de 136.00 euros, aportados na súa maior parte pola Axencia de Turismo de Galicia e ao que tamén achegaron fondos a Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona.

A Oficina de Turismo de Baiona, unha das poucas de Galicia que permanece aberta durante todo o ano foi deseñada pola arquitecta Verónica Zúñiga cunha cuberta axardinada.

Durante o acto, Nava Castro explicou que este novo centro de información turístico dá resposta á intensa demanda turística rexistrada nos últimos anos no concello de Baiona.

Neste senso, a responsable de Turismo da Xunta fixo referencia ás últimas cifras publicadas polo Instituto Nacional de Estatística correspondentes ao pasado ano 2016. Segundo estas, o destino Rías Baixas superou a súa cifra de viaxeiros aloxados nun 11,4%, rexistrando 1,28 millóns de viaxeiros, e nun 11,8% o nivel de pernoitas, con máis de 3 millóns neste caso. “Este comportamento positivo da demanda permitiu que os establecementos hostaleiros das Rías Baixas mellorasen o pasado ano as cifras de ocupación do 2015, en 3,7 puntos porcentuais”, sinalou.

A directora de Turismo de Galicia manifestou que grazas a esta nova oficina os turistas que se acheguen a Baiona dispoñerán dun centro de referencia con atención de calidade onde atopar toda a información turística que necesiten.

“Esta mellora na atención ao turista contribuirá a continuar nesta senda de crecemento que vén experimentando Baiona nos últimos tempos”, concluíu Nava Castro.

O recoñecemento oficial como ruta xacobea do Camiño Portugués pola Costa, no que Baiona é epicentro, incrementou considerablemente nos últimos meses a afluencia de peregrinos á oficina turística, que tamén constata un aumento dos visitantes de nacionalidade estranxeira.

“A nova oficina era unha necesidade para un concello como o noso que é referencia turística en toda España e as instalacións reforzan a a oferta informativa para todos os visitantes”, explicou Ángel Rodal antes de explicar que a oficina estará a pleno rendemento durante a Festa da Arribada que vaise celebrar os próximos 3, 4 e 5 de marzo.

baiona-estrea-nova-oficina-de-turismo-no-parque-da-palma

Ao acto tamén asistiron o conselleiro de Sanidade e exalcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña; o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; a concelleira de Turismo, Beatriz González, así como unha ampla representación da Corporación Municipal de Baiona e do sectores económicos, deportivos, turísticos e sociais da vila.

Houbo algunhas persoas que chegaron de moi lonxe para estrear as instalacións

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.