
Os alumnos e alumnas do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián conseguiron encartar un total de 1000 grullas de papel co obxectivo de pedir a PAZ no mundo homenaxeando así neste día a Sadako Sasaki, a nena de Hiroshima que morreu en 1955 sen conseguir encartalas.
Durante máis dun mes alumnos , profesores e familias pasaron moitas horas entre papeis de cores co fin de conseguir o obxectivo de encartar as 1000 grullas e pedir así o desexo de que se acaben os conflitos violentos no mundo para que os seres humanos podamos vivir en paz. Os profesores e profesoras do centro traballaron previamente nas aulas a figura de Sadado Sasaki e a historia das mil grullas de papel.
Sadako naceu en Xapón, na cidade de Hiroshima, cando tiña 11 anos enfermou de Leucemia como consecuencia da choiva acida provocada pola bomba atómica que caeu na súa cidade cando só tiña 2 anos. No hospital Sádico coñeceu a Chizuco,tamén enferma de cancro, quen lle conto que, segundo unha lenda xaponesa, quen consiga encartar 1000 grullas de papel poderá pedir un desexo e este farase realidade. Sadako propúxose facelas para poder pedir curarse da súa terrible enfermidade pero morreu cando só tiña encartadas 644 grullas. Foi entón cando Chizuco e os seus amigos encartaron o resto e pediron a paz no mundo.
Grulla a Grulla os nenos e nenas de Goián encheron os espazos do seu colexio en cuxa entrada colga a grulla numero mil realizada nun tamaño máis grande que as demais e na que estamparon as súas mans todos os nenos e profesores do centro. Baixo as mil grullas toda a Comunidade educativa do centro pediron alto e claro a PAZ NO MUNDO.



