spot_img
InicioVal MiñorNigránCentos de escolares de Nigrán participan no Día da Paz na "Carreira...

Centos de escolares de Nigrán participan no Día da Paz na “Carreira Solidaria” organizada polo Colexio de Panxón

Centos de escolares de cinco centros educativos participaron na ‘X Carreira Solidaria’ organizada polo CPI Arquitecto Palacios de Panxón con motivo da Semana da Paz e co fin de recadar fondos para colaborar co departamento de Servizos  Sociais do  Concello de Nigrán.

Na proba, á que asistiu o alcalde e o edil de Deportes, participaron ademais de alumnos do CPI do Centro de Educación Especial de  Panxón, do Juan María de Parada, da escola infantil  As Dunas e do colexio A Cruz de  Camos, todos correron tras achegar os seus patrocinadores adultos unha axuda para a causa.

“Estamos moi orgullosos desta iniciativa que ano a ano promove na nosa infancia valores como a solidariedade a través da práctica deportiva, por iso damos especialmente as grazas ao docentes pola organización e aos nenos pola súa participación imprescindible”, destacou o alcalde, Juan González.

- Publicidade -spot_img