spot_img
InicioVal MiñorBaionaMención de Honra para os alumnos do Centro Juan María no 32º...

Mención de Honra para os alumnos do Centro Juan María no 32º Trofeo Príncipe de Asturias de Vela

mencion-honra-os-alumnos-do-centro-juan-maria-no-32o-trofeo-principe-asturias-velaConcluíu en Baiona a trixésimo segunda edición do Trofeo Príncipe de Asturias, celebrado durante o últimos tres días e organizado polo Monte Real Club de Yates e a Escola Naval Militar.

Con máis de 80 barcos en liza, a competición, unha das máis prestixiosas do panorama náutico español, logrou dar espectáculo nas Rías Baixas a pesar da falta de vento que protagonizou as dúas últimas xornadas e obrigou a suspender algunhas das probas previstas.

Na repartición de premios, que presidiu o Rey Juan Carlos, entregouse tamén unha mención de honra ao barco AXA Seguros, tripulado por alumnos do Centro Juan María de Nigrán para persoas con discapacidade intelectual.

Son un grupo de mozos que asisten, ao longo de todo o ano, á Escola de Vela Adaptada do Monte Real e que participaron, por terceiro ano consecutivo, no Trofeo Príncipe de Asturias.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.