Inicio Pontevedra Baixo Miño Membros da Garda Real e as súas familias iniciaron na Eurocidade o...

Membros da Garda Real e as súas familias iniciaron na Eurocidade o Camiño Portugués a Santiago

Tui contratará a 22 persoas ao abeiro do Plan de Concellos da Deputación Provincial

A Eurocidade Tui-Valença foi o lugar elixido para iniciar o Camiño Portugués a Santiago por un grupo de 250 persoas membros da Garda Real e familiares.

A primeira hora de onte cruzaron pola vella Ponte Internacional iniciando o primeira etapa que os levara ata Mos. É o terceiro ano en que realizan o Camiño de Santiago elixindo nesta ocasión a ruta que pasa por Tui.

Este numeroso grupo está dende onte en Tui cando foron recibidos no salón de sesións da casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.

membros-da-garda-real-e-as-suas-familias-iniciaron-na-eurocidade-o-camino-portugues-a-santiagoAlí as autoridades municipais lles deron á benvida á cidade e lles desexaron bo camiño, ao tempo que membros da Garda Real lles fixeron entrega dunha metopa en sinal de agradecemento pola acollida recibida e pola colaboración na organización previa desta actividade.

Este grupo permanece na cidade durante dous días, aproveitando a súa estancia para coñecer distintos puntos da mesma coma o conxunto histórico.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
289SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies