spot_img
InicioPontevedra e ÁreaChegan ao Val Miñor os nenos e nenas saharauís do programa 'Vacacións...

Chegan ao Val Miñor os nenos e nenas saharauís do programa ‘Vacacións en Paz’

chegan-ao-val-minor-os-nenos-e-nenas-saharauis-do-programa-vacacions-en-paz
Unha ducia de nenas e nenos pasarán as vacacións no Val Miñor con familias Acolledoras que participan no programa solidario ‘Vacacións en Paz’. Este programa que a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí leva realizando desde hai vintecinco anos contando coa colaboración do Concello de Gondomar. As crianzas Saharauís foron recibidas polas familias de acollida e pola Concelleira de benestar social de Gondomar Rocío Cambra

Os obxectivos do programa son, despois de sacar aos rapaces da intensa calor do deserto con mais de cincuenta graos de temperatura, nos campamentos de refuxiados de Tinduf en Arxelia, darlles asistencia médica, aprenderlles o idioma e cultura nosa, socializar e ofrecer agarimo e calor humano.

Os concellos do Val Miñor sempre estuvieron presentes activamente nesta tenrura solidaria, humanitaria social e educativa que as nenas e nenos do Sahara Occidental agradecen.

As nenas e nenos estarán en Galicia ata o sete de setembro. Mes no que retornan aos campamentos para continuar estudando nás escolas Saharauís. Só por razón de enfermidade podería ficar entre nós algún destes nenos.

Os Campamentos de Refuxiados Saharauís

Os Campamentos de Refuxiados Saharauís están situados no suroeste do territorio alxeriano, exactamente na súa zona fronteiriza co Territorio saharauí

Neles viven ao redor de 165.000 persoas, fundamentalmente mulleres e nenos, xa que a maior parte dos homes se encontran nas chamadas zonas liberadas do Territorio nacional( Sahara Occidental), encadrados nas diferentes divisións do exército saharauí.

Esta parte do territorio alxeriano está situado en pleno deserto do Sahara, un lugar inóspito  atravesado por dúas únicas estacións do ano: inverno, onde son frecuentes as temperaturas de 1 grao e verán, onde os termómetros alcanzan con frecuencia os 60 graos, o cal fai que a vida neste lugar sexa case imposible.

Outro elemento climático que dificulta aínda mais a supervivencia nesta zona son os sirocos, tormentas de area que paralizan calquera tipo de ocupación.
A actividade económica é moi escasa, predominando o pastoreo nómade e un incipiente comercio interno. Os refuxiados saharauís dependen case por completo da axuda internacional.

Os Campamentos están organizados e administrados polo Goberno no exilio da Républica Árabe Saharauí Democrática( RASD) en cinco wilayas (provincias), entre elas existen entre uns 20 ou 60 quilómetros de distancia, menos Dajla  que dista uns 200 quilómetros, as cales levan os nomes das cinco principais urbes do territorio nacional do Sahara Occidental :Bojador,El Aaiún,Dajla,Smara e Auserd.

Saber máis: ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

- Publicidade -spot_img