Inicio Baixo Miño Mellorar a comunicación coa veciñanza, obxectivo da nova APP que o Concello...

Mellorar a comunicación coa veciñanza, obxectivo da nova APP que o Concello de Tui presentou onte aos medios

Mellorar a comunicación coa veciñanza, obxectivo da nova APP que o Concello de Tui presentou onte aos mediosEntre outras opcións permite notificar incidencias con xeolocalización

O Concello de Tui presentou onte a nova APP Municipal coa que cumpre dous obxectivos: achegar unha ferramenta de información da actualidade municipal á veciñanza e ao tempo pór ao seu dispor un mecanismo para, de xeito doado, trasladar suxestións, incidencias…  Así o destacaba este mediodía o alcalde, Enrique Cabaleiro, que presentou a nova APP xunto ao concelleiro de Novas Tecnoloxías Laureano Alonso.

A APP Concello de Tui está xa dispoñible, tanto para móbiles IOS como Android, de forma gratuíta.

Tanto o alcalde coma o concelleiro de Novas Tecnoloxías lembraron que o inicio do traballo nesta APP comezou hai xa tres anos, cando se actualizou a web municipal co obxectivo de “pór a Tui no mapa mundial dixital” dicía Enrique Cabaleiro.

Mellorar a comunicación coa veciñanza, obxectivo da nova APP que o Concello de Tui presentou onte aos medios

Laureano Alonso, concelleiro de Novas Tecnoloxías destacou o apartado de incidencias que presenta a APP, na que calquera persoa pode comunicar directamente ao concello unha incidencia, clasificadas en Mobiliario Urbano, Tráfico e Sinaléctica, Lixo e Residuos, Pavimentos e Sumidoiros, Animais e Pragas, e Limpeza e Xardinería. A mesma pode ser xeolocalizada dende o propio móbil e permite ao tempo enviar unha fotografía.  Neste apartado se recollerán tamén as incidencias resoltas.

A través da aplicación móbil poden consultarse as últimas noticias publicadas na web tui.gal ou os próximos eventos que figuran na Axenda.  Amais no apartado de Avisos se recollen os avisos de diversa índole.  Un directorio da acceso aos números de contacto de servicios de interese tanto do propio Concello, como en Educación, Seguridade, Sanidade, Turismo… Mentres no apartado de Mapa se atopan xeolocalizados diversos servizos que hai na cidade.

Mellorar a comunicación coa veciñanza, obxectivo da nova APP que o Concello de Tui presentou onte aos medios

En Ocio recóllense suxestións dos lugares de interese a visitar, así coma información dos establecementos hostaleiros e de restauración que hai na cidade, xunto ás festas no municipio.

A APP permite amais enviar Notificacións Push sobre avisos ou eventos. Outros apartados accesibles na APP son a predición do tempo, enlaces a citas previas en distintos organismos, ou un lector de códigos QR co que poden ler por exemplo os códigos que figuran la sinalización da cidade histórica ou dos folletos turísticos.

A realización dunha chamada de emerxencia, enviando as coordenadas de situación nunha mensaxe son outras das posibilidades que recolle a aplicación móbil.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies