Inicio Val Miñor Nigrán Oliver Mariuzza, alumno do CEIP da Cruz de Nigrán, recibe o premio...

Oliver Mariuzza, alumno do CEIP da Cruz de Nigrán, recibe o premio como finalista internacional do concurso dixital ‘Investigadores da Auga’

Oliver Mariuzza, alumno do CEIP da Cruz de Nigrán, recibe o premio como finalista internacional do concurso dixital 'Investigadores da Auga'O traballo de Oliver Mariuzza resultou elexido entre centos de escolares de 3º e 4º de Primaria de toda a Península

O alcalde de Nigrán, Juan González, e a xefa de Servizo de Aqualia en Nigrán, Marián Lago, fixeron entrega do premio como finalista internacional de debuxo dixital infantil ‘Investigadores da auga’ a Oliver Mariuzza Pazos, alumno de 5º de Primaria do CEIP da Cruz (Camos). O rapaz recibiu un smartwatch e unha mochila grazas ao seu traballo ‘Investigación de los criminales del agua’.

Nesta edición do pasado curso 2018/2019, mantendo a aposta por potenciar a creatividade dos máis pequenos e pequenas, e intensificando aínda máis a súa función didáctica, Aqualia convidou aos escolares de 3º e 4º de Primaria de España e Portugal a converterse en investigadores, pescudar de onde vén a auga que consumen cada día e onde vai despois de utilizala. A través do microsite www.investigadoresdaauga.gal facilitou a participación e o acceso libre do profesorado e do alumno á zona de desenvolvemento creativo  e a sección ‘Aprende’, dotada de materiais educativos cos que ampliar o seu coñecemento.

Debuxo de Oliver Mariuzza:

https://www.investigadoresdelagua.com/dibujo?id=5411

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies