spot_img
InicioO SalnésMedio Ambiente autoriza as obras para o acondicionamento de máis de 20...

Medio Ambiente autoriza as obras para o acondicionamento de máis de 20 quilómetros de sendeiros marítimos no Concello de Sanxenxo

Sanxenxo senderos A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de trasladar a autorización de obras na zona de servidume de protección do Dominio Público Marítimo-Terrestre nos lugares de Sanxenxo, Areas, Canelas, Montalvo, Major e A Lanzada no termo municipal de Sanxenxo.

A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e urbanismo vén de remitir a resolución na que se informa desta autorización, despois da solicitude formulada polo Concello de Sanxenxo, para a realización de obras dentro da zona de servidume de protección do dominio público.

As obras consisten no acondicionamento de varios sendeiros marítimos para a súa posta en valor e goce de veciños e visitantes, e centraranse na sinalización xeral e información que se recollen no proxecto de Miradores e sendeiros azuis de Sanxenxo.

Trátase de cinco sendas que suman unha lonxitude de máis de 23 quilómetros. Os tramos nos que se dividen son o sendeiro litoral de Sanxenxo a Portonovo (9.735 metros), o sendeiro litoral de Areas- Punta Festiñazo (738 metros), o sendeiro de Canelas a Cabicastro (de 3.237 metros) o sendeiro litoral de Montalvo a Major (6.556 metros) e o sendeiro litoral máxico de A Lanzada (de 3.194 metros).

Tal e como se sinala na resolución que se vén de trasladar ao Concello de Sanxenxo, a actuación debe adecuarse á normativa sectorial: como a de patrimonio por canto se desenvolve en zonas con elementos catalogados, así como a normativa de supresión de barreiras arquitectónicas de Galicia.

Tamén se destaca que durante a execución das obras deberanse adoptar as medidas necesarias para garantir a integridade do dominio público marítimo-terrestre e as súas zonas de servidume, como a seguridade de persoas e bens. As obras autorizadas deberán iniciarse nun prazo máximo de catro meses.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.