spot_img
InicioGaliciaFeijóo gaba a traxectoria de Filgueira Valverde e lembra que pertence a...

Feijóo gaba a traxectoria de Filgueira Valverde e lembra que pertence a unha xeración que se propuxo liberar a Galicia da maneira máis fermosa: coa cultura

Feijóo-gaba-traxectoria-Filgueira-Valverde-lembra-pertence-xeración-propuxo-liberar-Galicia-maneira-fermosa-culturaO presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, gabou onte a traxectoria de Xosé Filgueira Valverde aseverando que pertence a unha xeración que se propuxo liberar a Galicia da maneira máis fermosa: coa cultura. “En todo o que ensinou, escribiu, proxectou, imaxinou ou dirixiu, estivo a cultura galega”, salientou.

Durante unha visita á exposición ‘Xosé Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia’, Feijóo afirmou que se se eliminase da cultura galega a súa pegada, probablemente non existiría o Seminario de Estudos Galegos, nin o Museo de Pontevedra, nin o Consello da Cultura Galega, “nin traballos imprescindibles sobre literatura medieval, nin as máis fermosas páxinas do noso neotrobadorismo”.

O titular da Xunta resaltou que unha das características desa xeración á que pertence Filgueira foi a súa pluralidade. “Fillos en definitiva dunha Galicia heteroxénea, tiveron os seus membros pensamentos heteroxéneos. Pero ninguén se consideraba máis galego que outro, ou máis comprometido que os demais nas grandes causas do país”, dixo, ao que engadiu que un común denominador desa estirpe gloriosa de galeguistas foi fuxir dunha idea patrimonial da terra.

Nesta mesma liña, Feijóo lembrou que non é fortuíto que un dos persoeiros históricos máis admirados por Xosé Filgueira fose o Padre Sarmiento. “O noso gran ilustrado, escolleu como modelo a outro ilustre. A través deles, a Ilustración galega do século XVIII establece unha ponte coa Ilustración galega do século XX. En ambas as dúas latexa o mesmo pulo, a mesma fe no noso país, a mesma convicción de que a cultura é a gran ferramenta para a emancipación de Galicia, a mesma pedagoxía tolerante e amable”, asegurou.

O presidente da Xunta concluíu a súa intervención, subliñando que esta exposición dá fe dun home que contemplou Galicia e o mundo desde Pontevedra, e se esforzou por facer de Pontevedra un foco cultural do mundo e de Galicia.

Feijóo-gaba-traxectoria-Filgueira-Valverde-lembra-pertence-xeración-propuxo-liberar-Galicia-maneira-fermosa-cultura

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.