spot_img
InicioO SalnésMarta Dahlgren recibiu en Cambados o premio Plácido Castro de Tradución

Marta Dahlgren recibiu en Cambados o premio Plácido Castro de Tradución

A escritora, sueca de orixe e galega de adopción, Marta Dahlgren Thorsell, recibiu hoxe en Cambados o premio Plácido Castro de tradución de mans da alcaldesa Fátima Alonso e da presidenta da Fundación, Susi Castro.

No acto participaron tamén os concelleiros de cultura de Vilagarcía e Cambados, Sonia Outón e Víctor Caamaño, Xavier Senín en nome do xurado desta décimo quinta edición e tamén da Asociación de Tradutores Galegos, Xaquín Chaves, autor da peza escultórica que simboliza o premio, Xulio Ríos, director do IGADI, así como numerosos veciños da localidade, familiares e amigos e amigas.

Marta Dahlgren agradeceu o apoio que sempre atopou en Galicia para levar adiante o seu afán tradutor e reivindicou a importancia das linguas minoritarias para garantir a propia viabilidade das sociedades democráticas. Igualmente, destacou o valor da obra premiada, Kallocaína, de Karin Boye, unha obra que segundo dixo a impactou moito cando sendo moi nova leuna por primeira vez, e amosou a súa contrariedade polo mal momento que viven as humanidades.

O premio Plácido Castro de tradución, de periodicidade anual, quer reivindicar a dimensión tradutora de Plácido Castro, a trascendencia da tradución para o sistema literario e cultural e recoñecer o labor dos actuais tradutores e as súas obras.

 

- Publicidade -spot_img