spot_img
InicioO MorrazoMarínMarín adicará o Premio Liberación ás ONGs da vila

Marín adicará o Premio Liberación ás ONGs da vila

Marín adicará o Premio Liberación ás ONGs da vilaO Día da Liberación de Marín, que conmemora a xesta de Gago de Mendoza e as alarmas do Morrazo, será de novo diferente na vila de Marín, debido ás restricións sanitarias.

A concelleira Itziar Álvarez e o presidente da Asociación Ademar, Manuel Torres, visitaron o cubo colocado polo Concello na Alameda Rosalía de Castro, no que se reproducen diversas esceas do cómic que se elaborou explicando a historia do heroe marinense.

A concelleira adiantou que o Premio Liberación deste ano será outorgado ás asociacións sen ánimo de lucro da vila:  AECC Asociación Española contra ol Cancro; Asociación de acción solidaria Sor Elvira; Asociación Asociación amor en Acción Amenac; Asociación benéfica de ayuda ao necesitado Sos, Cáritas Diocesana Marín, Cáritas Diocesana Santomé, Voluntarias da Caridad, San Vicente de Paul Comedor Benéfico.

O mesmo día 4, ás 13.00 horas, realizarase un pequeno acto contando con todas as medidas de seguridade onde un intérprete dos Chaneiros tocará o himno galego.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.