spot_img
InicioVigo e áreaVigoDez mozas e mozos aprenden en Vigo as receitas dos pans máis...

Dez mozas e mozos aprenden en Vigo as receitas dos pans máis representativos do Camiño de Santiago

Dez mozas e mozos aprenden en Vigo as receitas dos pans máis representativos do Camiño de SantiagoO vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe en Vigo as instalacións do obradoiro Os pans do Camiño que conta cunha achega de 20.000 euros do programa O Teu Xacobeo, unha iniciativa na que o Goberno galego leva mobilizados 8 millóns de euros en dous anos para implicar a municipios, empresas e entidades sen ánimo de lucro nun Xacobeo participativo e descentralizado.

Os pans do Camiño é unha iniciativa da Fundación La casa y el Mundo que investiga sobre a tradición artesá da elaboración do pan en Galicia, en xeral, e nas localidades polas que pasa o Camiño, en particular. Ademais, a fundación ofrece a un grupo de mozos a posibilidade de formarse na repostería e na panadería ecolóxica da man de recoñecidos profesionais do sector, o que lles permite aprender un oficio que lles abra portas no seu futuro laboral. Trátase dun programa de formación social e gratuíto, dirixido a mozos e mozas de 16 a 23 anos, para fomentar o emprego e evitar o abandono escolar.

Dez mozas e mozos aprenden en Vigo as receitas dos pans máis representativos do Camiño de Santiago

O obradoiro participou o ano pasado na primeira edición de O Teu Xacobeo, que se viu condicionada pola pandemia, de aí que un grupo de dez alumnos continúe este ano co traballo de investigación e fabricación dos pans máis representativos do Camiño de Santiago, coa elaboración de receitas que pensan plasmar nun libro que se publicará co mesmo título do programa: Os pans do Camiño.

Alfonso Rueda coñeceu de primeira man o traballo do colectivo nunha visita na que estivo acompañado pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, e pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.

- Publicidade -spot_img