spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoMaría Solinha, Mellor Filme na Sección Indieuropea no Festival Internacional de Cine...

María Solinha, Mellor Filme na Sección Indieuropea no Festival Internacional de Cine de Taormina

María Solinha, Mellor Filme na Sección Indieuropea no Festival Internacional de Cine de TaorminaMARÍA SOLINHA (VÍA LÁCTEA FILMES E TVG) acadou na 66º Edición do prestixioso Festival Internacional de Cine de Taormina, un dos máis lonxevos de Europa, o recoñecemnto como Mellor Filme na Sección Indieuropea.

O Premio, en forma de preciosa escultura, chegou o venres 16 a Galicia, e a produtora VÍA LÁCTEA FILMES entregouno como agasallo ao Concello de Cangas como berce de María Soliña e en agradecemento a todo o apoio recibido durante o desenvolvemento, produción e promoción da longametraxe.

Estiveron presentes no acto de entrega representantes da Deputación de Pontevedra e do Concello de Redondela, entidades fundamentais para o filme e ás que quixemos facer partícipes tamén deste premio.

Festival de Cinema de Taormina

O Festival de Cinema de Taormina é un histórico festival de cinema creado en 1955 co nome de Rassegna Cinematografica Internazionale dei Messina e Taormina. A exhibición, que se realiza en forma permanente en Taormina desde 1971, foi presentada ao longo dos anos por diversas estrelas do cinema mundial como Elizabeth Taylor, Marlene Dietrich, Sophia Loren, Cary Grant, Robert De Niro, Colin Firth, Marlon Brando, Charlton Heston, Audrey Hepburn, Gregory Peck, Tom Cruise, Melanie Griffith, Susan Sarandon (2016), Richard Gere (2016), Oliver Stone (2016) e Antonio Banderas.

- Publicidade -spot_img