spot_img
InicioVal MiñorNigránRetiran 50 kilos de plástico das calas de Lourido (Nigrán) na Xornada...

Retiran 50 kilos de plástico das calas de Lourido (Nigrán) na Xornada de Limpeza Simultánea de Praias

Retiran 50 kilos de plástico das calas de Lourido (Nigrán) na Xornada de Limpeza Simultánea de PraiasVoluntariado do municipio de Nigrán retira 50 kilos de plástico das calas de Lourido na Xornada de Limpeza Simultánea de Praias capitaneada por Adega

O Concello de Nigrán participou este domingo por cuarto  ano consecutivo na décima xornada de limpeza simultánea de praias en toda Galicia capitaneada pola asociación ecoloxista Adega. Así, unha trintena de persoas (divididas en grupos de 10, ou de convivintes, por protocolo sanitario) retiraron preto de 50 kilos de lixo das calas que rodean Lourido, fundamentalmente pequenos anacos de plástico.

Retiran 50 kilos de plástico das calas de Lourido (Nigrán) na Xornada de Limpeza Simultánea de Praias

Maioritariamente recolléronse cachos de botellas de auga, de aparellos de pesca, latas… Aínda que maioría eran plásticos tan pequenos e deteriorados que non se recoñecía a súa orixe. Esta foi a primeira ocasión na que se intervíu nestas calas accesibles con marea baixa e nas que, precisamente, a limpeza mecánica é imposible.

Os 30 participantes foron divididos en grupos de 10 persoas ou de convivintes, atopando fundamentalmente pequenos restos de botellas de plástico, aparellos de pesca, etc

As limpezas de praias son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais. Son actividades de concienciación e educación ambiental que permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como avaliar cales son as medidas que cada un de nós pode desenvolver para minimizar este problema. Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos.

Retiran 50 kilos de plástico das calas de Lourido (Nigrán) na Xornada de Limpeza Simultánea de Praias

O Concello de Nigrán, como xa ven facendo co ‘Proxecto Ríos’ de Adega, quere concienciar tamén sobre a importancia dos valores da nosa costa, a problemática da contaminación mariña e das algas invasoras ou a alteración do ecosistema, así como promover as medidas que cada cidadán pode levar a cabo para minimizar estes impactos.

- Publicidade -spot_img