Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán instala paneis informativos nos roteiros por Chandebrito, Os Matos e Monteferro

Nigrán instala paneis informativos nos roteiros por Chandebrito, Os Matos e Monteferro

Nigrán instala paneis informativos nos roteiros por Chandebrito, Os Matos e Monteferro
Os Matos

A cooperativa ‘Árbore Arqueoloxía e Restauración’ encargouse de renovar a sinalización de todos os sendeiros e de incorporar paneis nestes tres que carecían de información adicional sobre o percorrido

O Concello de Nigrán renovou este verán toda a sinalización da rede de sendeiros municipal e, recentemente, instalou paneis informativos adicionais nos tres únicos que carecían deles: Chandebrito, Os Matos (Camos-Chandebrito) e Monteferro, estes só tiñan sinalización de percorrido mediante postes. O traballo correu a cargo da cooperativa ‘Árbore Arqueoloxía e Restauración’ (a mesma que se encargou da escavación do Castro de Chandebrito).

Toda a rede municipal de Nigrán está desde este verán xeorreferenciada na plataforma Wikiloc.
Estes novos recursos inclúen información cos puntos de interese respectivos, mapa xeorreferenciado, explicación do significado das sinais nos postes e un código QR que enlaza con cadansúa ruta en Wikiloc (a aplicación de sendeirismo máis popular grazas á cartografía GPS). “Xa no verán optamos por promover a nosa rede de sendeiros e por multiplicar os roteiros guiados porque sabemos que temos un potencial inmenso que, nestas circunstancias sanitarias, é ideal para desenvolver con todas as garantías”, xustifica o alcalde, Juan González, quen incide na importancia de sumar as novas tecnoloxías ao contar co perfil do Concello de Nigrán; en wikiloc con todas as rutas actualizadas.
A rede de sendeiros municipal está integrada por un total de 8 roteiros que suman 51,5 km e percorren as 7 parroquias do municipio ofrecendo ao seu paso miradoiros, natureza, patrimonio… Son o sendeiro litoral que se inicia na Ramallosa e remata en Monteferro; o sendeiro circular das Medoñas (único con dificultade alta) que discorre por Priegue; o sendeiro do Camiño Portugués pola Costa desde A Ramallosa a Saiáns; o sendeiro circular de Camos desde a Capela de San Roque; o sendeiro circular do Castro por Chandebrito; o sendeiro circular dos Matos entre Camos e Chandebrito; o sendeiro circular dos Mouros por Parada e o sendeiro circular polo río Muíños na contorna de Praia América e Porto do Molle.
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies