spot_img
InicioBaixo MiñoMaría Fandiño, premio Simonetta Bastelli de arquitectura pola Explanada do Horizonte do...

María Fandiño, premio Simonetta Bastelli de arquitectura pola Explanada do Horizonte do Rosal

María Fandiño, premio Simonetta Bastelli de arquitectura pola Explanada do Horizonte do RosalA arquitecta María Fandiño acaba de gañar o premio internacional de arquitectura e natureza Simonetta Bastelli na categoría xove polo seu proxecto para a Explanada do Horizonte do Rosal.

O xurado destacou o traballo feito por Fandiño nesta obra na que, tras un “atento e minucioso análise de coñecemento do lugar e da súa historia evolutiva, propón un novo capítulo para o seu desenvolvemento, cun deseño mínimo pero eficaz, utilizando técnicas e materiais que aínda sendo propios do sitio constrúen a súa nova identidade”.

Este galardón recoñece a nivel internacional o gran labor feito por María Fandiño no proxecto de revalorización e mellora deste tramo do Camiño de Santiago ao seu paso polo Rosal, co que tamén se dotará a Portocelo dunha nova área de esparexemento para os veciños. “O obxectivo do proxecto é recuperar a memoria do sitio, restaurar o ecosistema costeiro e devolver un lugar para quedarse cara o horizonte”, recolle a arquitecta na presentación do proxecto. Trátase de remodelar “o tramo da costa, mirando a estrutura, a topografía, analizando as súas proporcións, redibuxando o tramo cun vocabulario propio: as terrazas”.

María Fandiño, premio Simonetta Bastelli de arquitectura pola Explanada do Horizonte do Rosal

A este galardón preséntanse propostas de proxectos europeos de intervencións arquitectónicas en catro categorías diferentes (profesional, xove, estudante e tese de doutoramento) que se dan a coñecer nun congreso internacional en Italia no que se tratan temas sobre accións no territorio e cambio climático. Este ano, debido á crise sanitaria, os proxectos presentáronse en formato virtual.

Fandiño tamén recibiu unha Mención de Honra na categoría senior pola súa iniciativa ‘Marxes Líquidas: proxecto de acondicionamento do Río Miño ao seu paso pola cidade de Tui’, que fixo xunto con Miriam García.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.