spot_img
InicioO SalnésMar Rey e Enrique Oubiña visitan o CPI Xulia Becerra (Ribadumia) para...

Mar Rey e Enrique Oubiña visitan o CPI Xulia Becerra (Ribadumia) para revisar o estado das instalacións

Mar-Rey-Enrique-Oubiña-visitan-CPI-Xulia-Becerra-Ribadumia-revisar-estado-instalacións
O equipo do centro escolar trasladou suxerencias e peticións ós concelleiros

 A concelleira de Cultura e Educación, Mar Rey, o concelleiro de Obras, Servizos e Urbanismo; Servizos Sociais, Terceira Idade e Sanidade, Enrique Oubiña, visitaron onte o CPI Julia Becerra Malvar para comprobar o estado das instalacións e para recoller as suxestións por parte do equipo directivo do colexio e representantes da ANPA.

 O equipo do centro escolar trasladou suxerencias e peticións ós concelleiros

Esta visita efectúase despois de que o equipo de goberno aprobara no pleno extraordinario celebrado o pasado martes a adxudicación da obra de reforma de edificio para ximnasio e de servizos escolares.

Na visita, ademais de estudar conxuntamente a situación actual na que se atopa o colexio e as súas instalacións, estudouse tamén o proxecto do novo parque infantil. Esta obra, cuxo presuposto se estipulou no  pleno extraordinario do martes mediante un expediente de modificación de crédito,  conta con unha partida presupuestaria de 50.398,50€, dos cales 17.076,50 corresponderán ó Concello e 33.320€ á Xunta. Neste momento atópase no proceso de adxudicación  e está estipulado que estea finalizado antes do 30 de setembro.

Bolsas de material escolar

Por outro lado, o Concello de Ribadumia ven de convocar as Bolsas de material escolar para Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria para o curso 2015/2016.

Abre a inscrición para percibir Bolsas de material escolar para Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria para o curso 2015/2016

O requisito principal para poder acceder a esta axuda é estar empadroado en Ribadumia. Ademais, é imprescindible estar cursando estudos de segundo cliclo de Educación Infantil, Educación Primaria ou Educación Secundaria; así coma non estar percibindo axudas polo mesmo concepto de outros organismos públicos ou privados.

Ademais, os beneficiarios non poderán superar o límite de ingresos requirido, que poderá rondar entre os 7.743 e 12.389€ dependendo do número de familiares que habiten no fogar.

Esta prestación, destinada a afrontar os gastos que xera a dotación de libros de texto (só para educación infantil), material escolar e vestiario, aporta unha contía de 80€en infantil e 70€ para Educación Primaria e Secundaria.

O prazo para presentar solicitudes  xa está aberto e remata o 5 de agosto.

- Publicidade -spot_img