spot_img
InicioVal MiñorGondomarRecepción en Gondomar ao Club Patinaxe Artistico Gondomar e do Club de...

Recepción en Gondomar ao Club Patinaxe Artistico Gondomar e do Club de Tenis de Mesa

Recepción-Gondomar-Club-Patinaxe-Artistico-Gondomar-Club-Tenis-Mesa

Na tarde de onte o alcalde Paco Ferreira acompañado das concelleiras Nuria Lameiro e Iria Lamas recibiron ao CLUB PATINAXE ARTISTICA GONDOMAR para homenaxealo por todos os seus logros nos campionatos deste ano 2015 que xa vimos anunciándovos dende o concello.

O acto  consistiu nunha felicitación persoal do alcalde Paco Ferreira polos logos conseguidos para os compoñentes deste club e moi especialmente ás patinadoras Miriam, Iria e Denis polos seus resultados no campionato celebrado en Reus.

Tambien fíxoselle entrega por parte da concelleira Nuria dun ramo de flores e un trofeo dende o concello como agradecemento para estes campións que locen con orgullo o nome de Gondomar en todas as súas actuacións tanto locais, coma autonómicas, nacionais e mesmo europeas, desexándolles que sigan loitando polas súas ilusións e conseguindo todo o que se propoñan como gran club que xa son nestes momentos.

Recepción-Gondomar-Club-Patinaxe-Artistico-Gondomar-Club-Tenis-Mesa

 

Neste acto tamén se lle fixo entrega dun trofeo de recoñecemento ao campión Gondomareño do CLUB DE TENIS DE MESA que ten unha traxectoria de máis de 12 anos de antigüidade o cal estivo en división de honra e ten nas súas filas a campións de España como é o caso de Martin, ou Enrique Fernández 3º de Europa aínda que no dia de hoxe o homenaxeado é Anxo Iglesias que vén de lograr un merecido 3º posto do campionato de España.

Paco Ferreira séntese moi orgulloso que sendo Gondomar un concello modesto teña entre as súas filas a grandes campións como neste caso no Club de Patinaxe e no Club de Tenis de Mesa e anima a todos a que continúen con todos estes logros e remata dicindo que, “esta claro que Gondomar é berce de Campións”

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.