Inicio Galicia Máis dun cento de empresas alimentarias apostan por conquistar a capital europea...

Máis dun cento de empresas alimentarias apostan por conquistar a capital europea no marco do Galician Gourmet Extravaganza

mais-dun-cento-de-empresas-alimentarias-apostan-por-conquistar-a-capital-europea-no-marco-do-galician-gourmet-extravaganza

Galicia Calidade conta cun espazo para as empresas certificadas na mostra-degustación que se celebra estes días en Bruxelas e que hoxe recibiu a visita do embaixador, Ignacio Matellanes

Os produtos de calidade de máis dun cento de empresas agroalimentarias protagonizan estes días en Bruxelas o Galician Gourmet Extravaganza, un evento de exposición e degustación que busca incrementar o negocio exterior do sector agroalimentario galego a través dos máis de 500 profesionais atraídos pola mostra. O encontro contou hoxe coa participación do embaixador de España en Bélxica, Ignacio Matellanes.

Algas e queixos, polbo e lacón, carnes e viños, mariscos e conservas son algúns dos alimentos de calidade que están a protagonizar, no Hotel Silken Berlaymont da capital belga, a carón da sede da Comisión Europea, a segunda edición dun evento que o ano pasado colleitou éxitos para os produtos agroalimentarios galegos en Londres. Conflúen na mostra marcas consolidadas como D.O. Ternera Galega ou Conserveira Galega, ou de novas firmas que se están abrindo paso con presentacións innovadoras e de calidade como Curricán ou Benboa.

O evento expositivo e gastronómico conta coa participación de recoñecidos cociñeiros como Santi Almuiña, Diego López e Benigno Couso, que se ocupan da preparación dos menús para degustación que o hotel ofrecerá aos seus clientes, dos postres e das tapas que se servirán aos participantes nesta mostra gastronómica. Para completar a oferta, David Ortiz e Miguel Arbe serán os encargados de sorprender cos seus cócteles; e as catas de viños e licores serán dirixidas polo sumiller Luis Paadín.

A sociedade pública Galicia Calidade estará presente no Galician Gourmet Extravaganza , onde contará cun espazo de información e degustación de produtos das marcas certificadas, que na actualidade suman máis de 55 empresas –e 350 produtos– que pertencen, no 90% dos casos, ao sector alimentario. Ademais, tres empresas certificadas pola marca de garantía contarán cun espazo propio como Señorío de Rubiós, Torre de Núñez e Jamones González. No stand da Xunta de Galicia estarán presentes ademais, coordinados pola Consellería de Medio Rural, produtos das empresas que gañaron o ano pasado os premios de calidade nas catas de mel, viño, augardente, licores e queixos promovidas pola Xunta de Galicia.

A través do programa Galicia Exporta do Igape, dotado este ano con 8,5 millóns de euros, a Xunta dispón de instrumentos para apoiar o incremento das exportacións galegas, acompañando a presenza das empresas e organismos intermedios en eventos internacionais que, como Galician Gourmet Extravaganza, facilitan os contactos con importadores e a exploración de novas oportunidades de negocio en mercados internacionais.

Teñen confirmada a súa asistencia a esta mostra degustación distribuidores e importadores de bebidas e produtos de alimentación de Bélxica e doutros lugares de Europa, ademais de responsables de compras de almacéns de prestixio internacional como Harrods de Londres, ou da principal cadea de supermercados xaponesa.

O Galician Gourmet Extravaganza de Bruxelas abre unha rolda de exposicións e degustacións que este ano levará os produtos galegos de calidade a Zurich, Berlín, Londres e Nova York. O obxectivo do evento Galician Gourmet Extravaganza é promocionar a gastronomía e os mellores produtos alimentarios galegos nos mercados internacionais prioritarios para o tecido produtivo, presentándoos de forma creativa e novidosa, e contando para elo coa colaboración de destacados chefs.

O evento piloto desenvolveuse o pasado mes de outubro no Melia White House de Londres, onde 500 profesionais e expertos gastronómicos británicos puideron coñecer selectos menús de degustación con produtos galegos de calidade. Varias adegas galegas participantes nesa mostra conseguiron contratos de empresas como British Airways ou Melia, mentres que produtos de Cárnicas Teijeiro, Porco Celta, Embutidos Montepicato, San Simón da Costa, Benboa, Petroni e Pazo Valdomiño acadaron importadores británicos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies